Formacion

A administración autonómica financia con 250.000 euros o programa que se prolongará durante un ano co obxectivo de alcanzar unha inserción laboral mínima do 45%

Como novidade, os participantes poderán obter o certificado de profesionalidade en operacións básicas de restauración, recibirán bolsas por asistencia ás distintas accións do programa e acceso a servizos de conciliación como garderías

A Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración coa Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) puxeron en marcha o plan integral de emprego “Dimo Lugo V” do que poderán beneficiarse 100 persoas en situación de desemprego, con preferencia por colectivos con difícil inserción como os menores de 30 anos sen cualificación, persoas con discapacidade, mulleres e inmigrantes. 70 alumnos participarán nas accións a desenvolver en Lugo capital e 30 en Monforte de Lemos.

O programa, que actualmente ten aberta a fase de selección das persoas participantes, terá un ano de duración e incorpora un programa específico de formación e prácticas en empresas que mellorará a cualificación e desempeño dos futuros profesionais da hostalaría e restauración, un ámbito de especial importancia nunha provincia con gran potencial turístico e de servizos como é a de Lugo.

Formación para o emprego específica e transversal
As accións formativas son moi variadas e os 100 alumnos participantes teñen a oportunidade de adquirir coñecementos teóricos e prácticos en ámbitos como a manipulación e hixiene alimentaria, alfabetización informática, auxiliar de cociña e sala, camareiro/a de pisos, axudante de cociña e inglés básico para hostalaría, entre outros, que se adaptarán en función da demanda e do perfil dos participantes. O programa inclúe tamén accións personalizadas de información, orientación e asesoramento na procura activa de emprego, prevención de riscos, taller de entrevistas e competencias dixitais e redes sociais. A iniciativa busca a inserción laboral como mínimo do 40% dos seus participantes, unha vez finalizado o programa formativo, aínda que a Apehl espera chegar como mínimo ao 45% conseguido na edición anterior.

Novidades
Entre as novidades desta edición, destacaron que se poderán obter un certificado de profesionalidade en operacións básicas de restaurante e bar, así como a concesión de bolsas de 5 euros por cada día de asistencia ás accións do programa. O programa inclúe tamén, como medida de apoio aos participantes, iniciativas de conciliación, tales como un servizo de gardaría ou de coidado e atención de persoas maiores dependentes.

12 de Decembro de 2019

Un cento de persoas desempregadas recibirán formación en hostalaría a través de Dimo Lugo V, impulsado pola APEHL e Xunta de Galicia

A administración autonómica financia con 250.000 euros o programa que se prolongará durante un ano co obxectivo de alcanzar unha inserción laboral mínima do 45% Como […]
10 de Decembro de 2019

Aberto o prazo para optar ás 15 bolsas de formación nas oficinas de Turismo de Galicia e na área de estudos estatísticos

Turismo de Galicia decidiu duplicar a oferta de prácticas tuteladas nas oficinas que a Comunidade autónoma xestiona na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. Tamén se […]
27 de Novembro de 2019

Arrinca o proxecto “Facendo Camiño”, viaxes de familiarización no Camiño de Santiago, organizado por Proturga

De novembro a maio, PROTURGA levará a cabo 10 viaxes de familiarización en 10 tramos das 10 rutas que compoñen o Camiño de Santiago baixo o […]
14 de Novembro de 2019

O Congreso Ibérico sobre Turismo Deportivo, antesala de Sportur, reúne en Ourense a 300 profesionais vinculados ao turismo deportivo

Expourense acolleu esta semana o Congreso Ibérico de Turismo Deportivo, que se converte este ano na antesala do Salón do Deporte e Turismo Activo Sportur, que […]