A Consellería de Cultura e Turismo pon en marcha un plan de teleformación con 4 webinars durante o confinamento

formación on line Xunta de Galicia

A Consellería de Cultura e Turismo pon en marcha un plan de teleformación con 4 webinars durante o confinamento

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, acaba de abrir o prazo para que os profesionais do sector poidan inscribirse nunha serie de accións gratuítas de formación en liña co obxectivo de melloren as súas competencias en xestión dixital, comunicación e mercadotecnia en liña.

En cada unha delas un experto na materia impartirá formación específica sobre o tema correspondente, resolverá dúbidas e ofrecerá material para traballar en casa. A duración total será de 4 horas das que 1h e 30 minutos corresponden ao webinar e 2h 30 minutos ao traballo cos
materiais e actividades do curso.

A primeira dela terá lugar este mércores, 25 de marzo. Baixo o título “Actividade turística en internet: xestión de datos”, estará a cargo de Víctor Salgado e ten un total de 150 prazas, igual que a segunda, que tamén estará a cargo de Salgado, “Actividade turística en internet: dúbidas frecuentes”.

Xa en abril os dous webinars previstos estarán a cargo de Óscar Alfeirán Valera, que impartirá “Como comunica unha empresa turística nuha crise” o xoves, 2 de abril, e “Ferramentas TIC para mellorar a comunicación” o xoves, 7 de abril.

Esta formación será totalmente gratuíta para o sector. Aquelas accións formativas nas que se xere lista de espera, poderán contar con novas edicións en posteriores datas. A matrícula pode facerse no Espazo Profesional da web de Turismo de Galicia.