A Asemblea Xeral votou a única lista presentada ás eleccións, que supón a incorporación de cinco vocais máis

A Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia acolleu hoxe a Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster Turismo de Galicia cun único punto no órden do día, celebrárona de eleccións para elixir a composición do seu órgano de dirección, o Consello Executivo, cuxos representantes se elixen cada catro anos.

Tras a votación dos asociados e aprobación da única lista presentada, o novo Consello Executivo quedou composto por Cesáreo Pardal como presidente da entidade; Héctor Cañete continúa como vicepresidente e incorpórase César Sánchez- Ballesteros como secretario e Alfonso Martínez como tesoureiro. Xunto a eles os asociados elixiron a un total de doce vogais, todos eles representantes dalgunha entidade adherida ao Clúster de Turismo de Galicia. Se increnta así en cinco membros o Consello Executivo, en base ao establecido nos Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno do CTG aprobados este ano.

Así, a composición do Consello Executivo queda da seguinte forma (entre paréntese as entidades ás que representan):

Presidente: Cesáreo González Pardal (Federación Galega de Turismo Rural, FEGATUR)
Vicepresidente: Héctor Cañete do Campo (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Coruña)
Secretario: César Sánchez-Ballesteros Fernández (Hotel Baía)
Tesoureiro: Alfonso Martínez Cacheda (Consorcio Turístico de Empresarios de Sanxenxo, CETS)

Vogais:
Lorena Varela da Pena (Ruta do Viño Rías Baixas)
Belén Montero López (Asociación Palacios de Congresos e Exposicións de Galicia)
Emma González Diéguez (Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense)
Rafael Benito Cases (Asociación Empresarial de Hospedaxe da Coruña, Hospeco)
José Francisco Real Castro (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, APEHL)
Sara María Santos Ferreiro (Asociación Hostalaría de Compostela)
Carlos Jaime Rodríguez Carro (Centro de Novas Profesións, CENP)
Ovidio Fernández Ojea (Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Ourense)
Juan Antonio Rivadulla Fernández (Asociación Axencias de Viaxes de Galicia, AGAVI)
Jesús Anxo Picallo Santos (Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, Camiño do Solpor)
Francisco González López (Confederación de Emprerios de Pontevedra, Asehospo)
Diego Otero Villaravid (Abramar)

Prodúcese así unha importante renovación do órgano de dirección desta asociación, cunha ampliación da representatividade das entidades asociadas ao Clúster que queda reflectida no seu Consello Executivo, atendendo ao incremento de asociados que se produciu no Clúster Turismo de Galicia desde a súa creación até a actualidade, na que conta cun total de 64 entidades adheridas.

Unha ferramenta ao servizo do sector
Ademais, incorpóranse por vez primeira a este órgano de goberno catro mulleres, recoñecidas profesionais do sector turístico que ocuparán postos como vogais, o que supón a incorporación dunha cota feminina do 25% do total de representantes elixidos. Ambos foron aspectos que destacou o novo presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, que na súa intervención tras a elección, destacou o seu ánimo de continuar traballando para consolidar esta entidade, creando puntos de encontro que faciliten sinerxías entre todos os axentes da cadea de valor do turismo.

Pola súa banda, o presidente saínte, Francisco González, aproveitou a Asemblea para agradecer a todo os asociados ter a oportunidade de encabezar a posta en marcha do CTG que conseguiu grandes fitos ao longo deste catro intensos anos de traballo. Entre eles destacou a redacción da Estratexia Turismo de Galicia 2020 ou a xestión da Q de Calidade que se conseguiu estender aos servizos turísticos. “Foron miles de horas en desprazamentos, de traballo e ilusión que me permitiron ver consolidarse un proxecto que está chamado a ser a mellor ferramenta ao servizo do noso sector”, concluíu.

01 de Outubro de 2018

O Cluster Turismo de Galicia renova a súa dirección con novo presidente e incremento de representación dos seus asociados

A Asemblea Xeral votou a única lista presentada ás eleccións, que supón a incorporación de cinco vocais máis A Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia […]
19 de Setembro de 2018

O turismo rural galego convídanos a descubrir os camiños do outono a través do seu catálogo de produtos

Preto de 40 establecementos de turismo rural de Galicia coordinaron as súas propostas baixo o slogan “Viaxa polos camiños de outono”. O catálogo recolle 37 experiencias […]
18 de Setembro de 2018

As Rutas do Viño de Galicia convídannos a gozar do enoturismo en Galicia con alma, corazón e viño

Lanzan unha campaña conxunta baixo a súa marca paraugas Enoturismo Galicia co obxectivo de destacar o enoturismo experiencial que se poden gozar nas rutas “Aquí o […]
13 de Setembro de 2018

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección de novo Consello Executivo

O luns 1 de otubre a Cidade da Cultura de Galicia acollerá a celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster de Turismo de Galicia (CTG) no […]