Promovido polo Clúster Turismo de Galicia conxuntamente co Banco Sabadell, a xornada está orientada a resolver dúbidas, informar sobre financiamento e ofrecer asesoramento sobre casuísticas propias do sector

Coñecer mellor as circunstancias especiais que rodean o financiamento das empresas turísticas e os incentivos existentes á hora de solicitar axudas económicas, o próximo 21 de maio a Cidade da Cultura acollerá a Xornada “Financiamento para as empresas turísticas”, foro de debate organizado polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración co Banco Sabadell. A xornada terá lugar entre as 10:30 horas e as 14:00 horas, incluíndo unha pausa para café.

A xornada inclúe catro relatorios impartidos por expertos do sector financeiro que ofrecerán a súa experiencia para axudar ás empresas no acceso aos recursos financeiros, que non sempre son coñecidas, ademais de profundar nos instrumentos que se poden utilizar para financiar diversos activos e investimentos na empresa.
A inscrición é gratuíta (até completar aforamento) previa inscrición a través desta ligazón antes do antes das 19:00 horas do luns 20 de maio.

Programa
10.30 Apertura da Xornada
Cesáreo Pardal, Presidente do Clúster Turismo de Galicia
Juan Luis Candamo Fernández, Director Rexional de Galicia Centro Banco Sabadell
Nava Castro Domínguez, Directora de Turismo de Galicia
10.50 Produtos financeiros específicos para o sector turístico (Convenio Cluster de Turismo de Galicia – Banco Sabadell)
José María Martín Rigueiro, Director de Negocio Turístico e Hostaleiro de Banco Sabadell
11:20 Presentación dos incentivos autonómicos para o sector turístico
Incentivos orientados á inversión. IGAPE
Axudas para a implantación da Q de Calidade Turística
Modesto Rouco Vilar Axencia Turismo de Galicia
11:50 Café
12: 20 Como ser máis atractivo cando debo solicitar financiamento a unha entidade financeira?
Anxo Mejias , Director da consultora BIG PEME
13:00 O renting hostaleiro: Unha fórmula de financiamento fácil e flexible.
Tomás Manuel Abeigón Vidal, Director de Negocio Turístico Hostaleiro Territorial Noroeste de Banco Sabadell
13:45 Peche da Xornada
Cesáreo Pardal, Presidente do Clúster Turismo de Galicia
09 de Maio de 2019

Santiago acollerá un foro de debate sobre financiamento para empresas turísticas

Promovido polo Clúster Turismo de Galicia conxuntamente co Banco Sabadell, a xornada está orientada a resolver dúbidas, informar sobre financiamento e ofrecer asesoramento sobre casuísticas propias do […]
26 de Abril de 2019

Convocatoria do Concurso de ideas do Clúster Turismo de Galicia para asociados

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia convoca un concurso de ideas co obxectivo de seleccionar os 7 mellores proxectos e polos en marcha desde […]
25 de Abril de 2019

O sector turístico galego profunda nas vantaxes da geotermia como alternativa enerxética sostible

O incremento da conciencia verde nos viaxeiros e a procura dun menor impacto ambiental fai que o sector mire con maior interese este tipo de sistemas […]
23 de Abril de 2019

Balance moi positivo dunha Semana Santa que supera as previsións grazas ao bo tempo

A comunidade asina unha das mellores Semanas Santa dos últimos anos, mellorando até 10 puntos as cifras do ano pasado. A falla de recompilar os últimos […]