“Están a xogar co traballo de 120 mil traballadores en Galicia”, asegurou o máximo representante do sector en Galicia, á vez que esixía aos respresentantes políticos seriedade e coherencia nas súas manifestacións públicas

Criticou tamén as declaracións do ministro de Consumo, Alberto Garzón, que desaconsellaba aos españois que fixesen reservas para este verán.

“Aínda non demos por perdida toda a tempora alta nin tampouco podemos permitirnos o luxo de dar por perdido o ano e declaracións como as da ministra Yolanda Díaz son, cando menos, dunha irresponsabilidade maiúscula. Está a xogar co traballo de 120 mil persoas en Galicia”. En palabras do presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, a situación é suficientemente crítica para o sector turístico como para que nos nos podamos permitir declaracións fóra de lugar que contribúen máis que a xerar confusión e nerviosismo entre o sector e na poboación en xeral”, asegurou Pardal, en referencia ás declaracións que a ministra Díaz sobre a reactivación en dous tempos dos diferentes sectores produtivos, o que abocaría ao sector turísticos a manterse inactivo até finais de ano.

A este repecto o presidente do CTG subscribe totalmente as afirmacións da Mesa do Turismo que tachou estas declaracións de Yolanda Díazs de temerarias e irresponsables, ademais de inconguentes xa que nin son coherentes coas feitas por outros membros do Goberno de Sánchez e “nin sequera correspóndelle á titular de Economía definir este proceso de desescalada, que é responsabilidade de Sanidade. “É un absoluto despropósito e un golpe gratuíto ao sector turístico”, valora Cesáreo Pardal que advirte que para unha inmensa maioría das empresas do sector mantelos pechados até fin de ano abocaríaos a non volver levantar a persiana.

Neste sentido, Pardal considera que deberá estudarse con moito coidado o calendario efectivo da desescalada, priorizando evidentemente o control sanitario pero exortó aos políticos a non “falar por falar”. “Estamos a falar dun sector que en Galicia supón o 11% de todo o emprego e xeran o 10,4% do Produto Interior Bruto. Temos dereito a que os nosos responsables políticos falen con seriedade e coherencia”, afirmou, evitando declaracións profundamente desafortunadas como as de Díaz ou as do ministro de Consumo, Alberto Garzón, que desaconsellaba aos cidadáns reservar viaxes para este verán.

“Debemos esixirlles ao noso representantes políticos un exercicio de responsabilidade e que nos trasladen mensaxes claras, feitos, non especulacións nin globos sonda. Nós, como tecido industrial do sector turístico, mantemos abertos todas as canles de comunicación para que nos trasladen as súas propostas e para que nos expliquen os plans de desescalada que estean a estudar para que a reactivación prodúzase nos mellores termos posibles”. “Estamos preparados para empezar a traballar en canto indíquennolo e coñezamos os novos protocolos que teñamos que implantar, pero debemos trasladar confianza e seguridade tanto aos viaxeiros como aos mercados internacionais. Estamos a xogarnos moito”, concluíu.

18 de Abril de 2020

O presidente do Clúster Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, cualifica as declaracións de Yolanda Díaz de irresponsabilidade maiúscula

“Están a xogar co traballo de 120 mil traballadores en Galicia”, asegurou o máximo representante do sector en Galicia, á vez que esixía aos respresentantes políticos […]
17 de Abril de 2020

Liquidez, flexibilidade fiscal e laboral, medidas para mitigar o impacto do coronavirus no sector turístico

Unha representación do Clúster Turismo de Galicia participou nun encontro en liña cos conselleiros de Economía, Emprego e Industria e Cultura e Turismo para traladarle unha […]
16 de Abril de 2020

A Mesa de Turismo da Deputación de Pontevedra evidencia a necesidade de cooperación e compromiso entre administracións e entidades para apoiar ao sector turístico da provincia fronte o COVID 19

O encontro serviu para dar conta da posta en marcha do Estudo de Impacto do COVID19 no sector turístico cuxas conclusións servirán para tomar decisións no […]
14 de Abril de 2020

O Clúster Turismo de Galicia cooperará coa Xunta para reforzar a confianza e a promoción do destino Galicia

O presidente do CTG participou no Consello Galego de Turismo no que se avanzou a elaboración dun Plan de Seguridade Sanitaria no campo turístico e anunciouse […]