Rutas, aloxamentos, astronomía e gastronomía co común denominador da sustentabilidade integran as iniciativas inaugurais deste proxecto impulsado polo Clúster coa colaboración da Xunta.

 

O prazo para que máis empresas do sector se adhiran ao club coa posibilidade de optar ás axudas do programa de patrocinio seguirá aberto ata o 21 de outubro.

 

O Club de Produto Galicia Destino Sostible impulsado polo Clúster Turismo de Galicia co apoio da Xunta xa está ao alcance de todas aquelas persoas que queiran gozar de propostas de turismo e lecer nas que a sustentabilidade xogue un papel crucial. Co avance do proceso de adhesión de empresas que permitiu sumar ata o de agora case medio centenar de membros, comezaron tamén a chegar os seus primeiros produtos, que xa están dispoñibles no apartado específico da web do Club.

 

Alí é posible atopar unha ampla oferta de propostas para gozar das paisaxes e a gastronomía de Galicia, así como dos aloxamentos. En kaiak polas rías de Arousa ou Vigo, en veleiro, en globo sobre a Ribeira Sacra, en bicicleta por espazos emblemáticos do noso litoral, observando as estrelas ou descubrindo os mellores sabores do noso mar e outros produtos da nosa gastronomía elevados xa a obxectos de museo, como os que garda o MEGA Mundo Estrela Galicia… máis dunha vintena de produtos integran o primeiro escaparate de Galicia Destino Sostible e o seu número volverá aumentar en breve.

 

Tamén aumentará o número de membros do club, posto que varias empresas máis solicitaron a súa adhesión. Aquelas que formalicen este proceso antes do 21 de outubro poderán optar ás axudas do programa de patrocinios financiado pola Xunta e que destina máis de 300.000 euros para o deseño e lanzamento de novos produtos turísticos sostibles. Estas axudas, que serán concedidas por rigorosa orde de solicitude, serán repartidas entre as axencias de viaxes maioristas, que levarán un total de 135.000 euros (3.000 euros por cada produto e un máximo de 3 produtos por solicitante), as axencias minoristas, ás que corresponderán 112.000 euros (2.000 euros por cada produto e un máximo de 2 produtos por solicitante) e aloxamentos, restaurantes e oferta turística complementaria, que se repartirán 65.000 euros (1.300 euros por cada produto e unha única axuda por solicitante).

 

As empresas interesadas en sumarse ao Club de Produto Galicia Sostible poden solicitar máis información a través do correo electrónico

info@galiciadestinosostible.com ou do teléfono (+34) 881 50 51 02.

 

 

 

 

 

07 de Outubro de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible lanza as súas primeiras propostas

Rutas, aloxamentos, astronomía e gastronomía co común denominador da sustentabilidade integran as iniciativas inaugurais deste proxecto impulsado polo Clúster coa colaboración da Xunta.   O prazo […]
28 de Agosto de 2022

A sustentabilidade, piar básico para o futuro do sector turístico

O Club de Produto Galicia Destino Sostible, que impulsa o Clúster co apoio da Xunta, aposta por cumprir cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados pola ONU. […]
10 de Agosto de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible conta xa con preto de 20 de empresas adheridas en menos dun mes

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, presentouse o pasado 11 de xullo co apoio e financiamento da Xunta.   As primeiras empresas que se […]
09 de Xullo de 2022

O turismo de cruceiros en Galicia supera xa as cifras prepandemia

Os 77.000 pasaxeiros rexistrados no primeiro cuadrimestre deste ano permiten superar nun 16 % o anterior récord.   O turismo de cruceiros regresou con forza aos […]