• Troulanda, Malates Slow Boutique Hotel, Adegas Terras de Asorei, Náutica Medusa e Acastrexa son as últimas incorporacións da marca turística.
  • O Club de Produto GDS suma máis de 135 empresas adheridas e 155 experiencias sostibles, e mantense aberto a novas incorporacións.

 

O Club de Produto “Galicia Destino Sostible” segue a medrar coa incorporación de cinco novas empresas comprometidas co turismo responsable en Galicia. Na última reunión do comité de avaliación, celebrada o pasado 27 de marzo, aprobáronse as adhesións de Troulanda, Malates Slow Boutique Hotel, Adegas Terras de Asorei, Náutica Medusa e Acastrexa, reforzando así a aposta por un modelo turístico máis sostible.

 

Con estas incorporacións, o club supera xa as 135 empresas adheridas e ofrece máis de 155 experiencias centradas na sostibilidade, abarcando aloxamentos, adegas, actividades náuticas e turismo en contacto coa natureza.

 

Desde a súa creación en 2022 polo Clúster Turismo de Galicia, co respaldo da Xunta de Galicia, “Galicia Destino Sostible” traballa para posicionar a comunidade como un destino de referencia en turismo sostible. O club promove prácticas que respectan o medio ambiente, a cultura e a sociedade, impulsando ao mesmo tempo o desenvolvemento económico do territorio.

 

Como formar parte de “Galicia Destino Sostible”?

 

As empresas interesadas poden solicitar a súa adhesión a través da web galiciadestinosostible.com. Para formar parte, é necesario cumprir con polo menos un requisito habilitante (como certificacións de sustentabilidade ou pertenza a iniciativas de ecoturismo) ou o 100% dos requisitos obrigatorios e un 33% dos valorables.

 

Unha vez aceptada, a empresa poderá xestionar as súas ofertas desde o portal e acceder ás vantaxes do club de produto de forma gratuíta.

31 de Marzo de 2025

O Club de Produto “Galicia Destino Sostible” suma cinco novas empresas

Troulanda, Malates Slow Boutique Hotel, Adegas Terras de Asorei, Náutica Medusa e Acastrexa son as últimas incorporacións da marca turística. O Club de Produto GDS suma […]
04 de Febreiro de 2025

O Clúster Turismo de Galicia e ECO-ONE colaboran para facilitar aos hoteis galegos a compravenda de mobiliario

Grazas ao acordo entre as entidades, os establecementos de aloxamento poderán vender o seu mobiliario excedente e adquirir pezas a outros hoteis, promovendo a economía circular […]
27 de Xaneiro de 2025

O Clúster pon en marcha unha ferramenta gratuíta para empresas de aloxamento, que facilita a toma de decisións e mellora a comercialización

O sistema de monitorización de datos (SIMADA) ofrece datos de ocupación, prezos e canles de venda, o que permite a estes establecementos axustarse ás tendencias do […]
13 de Xaneiro de 2025

O Clúster presentará en FITUR 2025 o Sistema de Monitorización e Análise de Datos de Aloxamento

A presentación, que terá lugar o 22 de xaneiro a partir das 12:30 horas no Pavillón 9 de IFEMA, poderá seguirse en directo vía streaming. A […]