• A delegación galega, integrada por 26 persoas, fortaleceu contactos e visibilizou a oferta sostible do destino na principal feira turística do Reino Unido.

 

O Clúster Turismo de Galicia conclúe a súa participación na World Travel Market (WTM) de Londres 2025 cun balance positivo. A cita, celebrada do 4 ao 6 de novembro no centro de exposicións EXCEL London, reuniu a máis de 46.000 profesionais do sector turístico, procedentes de 180 países e coa presenza de máis de 4.000 expositores.

 

A delegación galega, integrada por 26 empresas e representantes do Clúster Turismo de Galicia e do club de produto “Galicia Destino Sostible”, participou activamente nas tres xornadas de feira, establecendo novos contactos profesionais e reforzando lazos con axencias e operadores que xa colaboran co destino.

 

En representación do Clúster asistiron o seu presidente, Cesáreo Pardal; o vicepresidente, Jesús Picallo; o tesoureiro, Alfonso Martínez; e o vogal e expresidente, Francisco González. As empresas participantes foron Troulanda, Carrís Hoteles, Hotel Boutique Faro Silleiro, Tee Travel, Viajes Interrías, Casa do Sear, Adegas Eidos, Eat & Walkabout, Autocares Bustelo, Artnatura Galicia, Hotel Pazo Los Escudos, Solo Grupos, Always Spain Incoming e Oca Hoteles, ademais de representantes do club “Galicia Destino Sostible”.

 

  • O turismo responsable, protagonista

 

O stand de Galicia, coordinado por Turismo de Galicia, volveu converterse nun espazo de encontro estratéxico para as empresas galegas, facilitando reunións con axentes internacionais, operadores de turismo e medios especializados. Alí tamén se deu visibilidade ao club de produto “Galicia Destino Sostible”, que agrupa a máis de 150 empresas comprometidas coa sustentabilidade e que presentou a súa oferta ante un público profesional especialmente interesado en experiencias responsables e auténticas.

 

Nesta edición, a sostibilidade e a intelixencia artificial foron os eixos temáticos predominantes, aliñándose coa filosofía de traballo do Clúster e reforzando a posición de Galicia como destino competitivo, innovador e sostible.

 

A presenza galega na WTM viuse ademais reforzada pola participación do presidente da Deputación de Pontevedra, que visitou o mostrador de Rías Baixas, contribuíndo á proxección internacional do destino.

 

Con esta nova misión comercial, o Clúster Turismo de Galicia consolida o seu papel como axente vertebrador do sector e reafirma o seu compromiso coa internacionalización e a sustentabilidade como piares do desenvolvemento turístico galego.

11 de Novembro de 2025

O Clúster Turismo de Galicia pecha con éxito a súa participación na WTM de Londres 2025

A delegación galega, integrada por 26 persoas, fortaleceu contactos e visibilizou a oferta sostible do destino na principal feira turística do Reino Unido.   O Clúster […]
17 de Xullo de 2025

A aposta pola internacionalización do destino Galicia, a consolidación de diferentes produtos turísticos e o peche da Estratexia de Turismo 2030 centraron a actividade do Clúster en 2024

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada o xoves 17 de xullo en Santiago, fixo balance das actuacións do pasado ano e informou das […]
02 de Xullo de 2025

Convocatoria de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria Clúster de Turismo de Galicia

O xoves 17 de xullo de 2025 celebrarase a reunión de Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do Cluster de Turismo de Galicia no auditorio 1 do […]
14 de Abril de 2025

O sector turístico galego conta cunha carteira de reservas de entre o 45% e o 60% para a Semana Santa

O prezo medio por noite sitúase nos 74 euros, aínda que aumenta ata os 81 euros de xoves a sábado. A estancia media para este período […]