Máis de 300 expositores procedentes de 34 países danse cita en Expourense
O venres 20 presentarase o proxecto “Un descanso nos Camiños”, nacido no seo do Concruso de Ideas do Clúster Turismo de Galicia

Expourense acolle este xoves e venres unha nova edición de Termatalia, que conta co apoio da Xunta, da Deputación e do Concello de Ourense e na que se darán cita 269 expositores, 26 turoperadores e estarán representados 34 países con importante presenza de América Latina e Eurupa. Á feira únese a Semana Termatalia, que se celebra tamén na capital ourensá desde o 17 co Congreso Internacional de Termalismo 2021-2027: dinamización dos territorios e reto demográfico no Balneario de Lobios e o III Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida, organizado pola Universidade de Vigo.

Nesta décimo novena edición a Xunta de Galicia participará, ademais, cun expositor no que se presentará a oferta termal galega e tamén está prevista a presenza de turoperadores de diferentes países, así como medios especializados de diversas partes do mundo. Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacaba a “capacidade desestacionalizadora, diversificadora e o impulso económico que o termalismo está a ter en Galicia”, un segmento polo que o goberno galego está a facer unha forte aposta tanto a través do apoio á Cátedra de Hidrología Médica da Universidade de Santiago como da innovación, facilitando un proceso de documentación nos balnearios galegos; coas infraestruturas, mellorando a capacidade alojativa dos balnearios e sinalizando as vilas termais ou coa posta en marcha de pioneiras iniciativas normativas como a Lei de aproveitamento lúdico das augas termais, unha nova normativa cuxa posta en marcha servirá ?para reforzar a calidade da oferta termal galega, dando seguridade xurídica e garantías aos proxectos turísticos que polas súas características non poden ser considerados balnearios e que non dispuña até agora dunha regulación específica nin actualizada?.

Termatalia será, ademais, o marco elixido para a posta en marcha da primeira acción do proxecto “Un descanso nos Camiños” promovido polo Cluster de Turismo de Galicia a petición dos socios Expourense, Balnearios de Galicia, Grupo Caldaria e a Federación Provincial de Hostalaría de Ourense e que conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo. Este proxecto busca promover estancias nos balnearios dos Camiños de Santiago e en Termatalia protagonizará un dos workshops, para o que está aberto o prazo de inscrición, co obxectivo de fixar criterios para o deseño de novos produtos, así como a negociación para a súa comercialización.

18 de Setembro de 2019

A 19ª edición de Termatalia arrinca en Ourense reafirmando o seu papel como cita internacional de referencia para o turismo termal e de saúde

Máis de 300 expositores procedentes de 34 países danse cita en Expourense O venres 20 presentarase o proxecto “Un descanso nos Camiños”, nacido no seo do […]
17 de Setembro de 2019

Unha plataforma en liña comercializará a oferta enoturística do cinco rutas do viño de Galicia

En virtude dun convenio asinado entre as Asociacións das Rutas do Viño de Galicia e a Xunta de Galicia, a administración pública dotará a oferta enoturística […]
13 de Setembro de 2019

A gastronomía lucense, en tapas e sobre rodas

Esta semana remata a Volta Ciclista a España na que a gastronomía lucense ha volto a estar presente a través do posto E para comer, Lugo […]
12 de Setembro de 2019

A Ruta do Viño do Ribeiro dá un paso máis na súa aposta pola vinculación do destino enoturístico co Camiño de Santiago

Ao longo de 2019 están a desenvolverse diferentes accións co obxectivo de promocionar o territorio como destino enoturístico. A Oficina Española de Patentes e Marcas, dependente […]