Unha vez máis, o Clúster entende que a colaboración público–privada é a vía adecuada para fortalecer unha oferta de aloxamento coherente coa aposta de Galicia por un destino sustentable e de calidade.

 

A Asemblea Xeral do Clúster de Turismo de Galicia vén e aprobar, en sesión extraordinaria celebrada onte na Cidade da Cultura de Galicia, a admisión como nova entidade asociada da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (AVITURGA).

Con carácter previo a esta xuntanza do órgano colexiado supremo do Clúster, tivo lugar a reunión mensual do Consello Executivo da entidade, na cal se acordou solicitar á Administración autonómica a creación dun grupo de traballo, de carácter público–privado, que lidere un proceso de revisión e actualización da normativa que regula as vivendas de uso turístico.

 

O obxectivo non é outro que a equiparación dos requisitos legais que debe cumprir esta tipoloxía de aloxamentos con respecto a outros establecementos regrados. Con esta medida, o Clúster non pretende limitar a actividade de pequenos propietarios senón que se busca evitar que grandes investidores opten polas vivendas de uso turístico en detrimento doutras modalidades de aloxamento, sometidas a regulamentacións máis estritas.

 

Se ben a publicación do decreto 12/2017, de 26 de xaneiro, supuxo un primeiro paso que permitiu identificar e dimensionar a oferta de vivendas de uso turístico presentes en Galicia, é imprescindible actualizar a normativa que rexe estes aloxamentos para equiparala en canto a obrigas co resto do sector, así como afondar na problemática que xorde en certos destinos e momentos do ano no tocante á carga turística e á convivencia cos residentes.

 

O Clúster de Turismo de Galicia, como parte implicada na elaboración do Plan director 2021 – 2023 Galicia Destino Seguro, cre firmemente na aposta por un destino seguro, innovador, sustentable e que sitúa a calidade como sinal de identidade. Para acadar esta visión é preciso que todos os axentes do ecosistema turístico galego compitan en igualdade de condicións.

14 de Xaneiro de 2022

O Clúster de Turismo de Galicia propón a creación dun grupo de traballo para a revisión e actualización da normativa de vivendas de uso turístico

Unha vez máis, o Clúster entende que a colaboración público–privada é a vía adecuada para fortalecer unha oferta de aloxamento coherente coa aposta de Galicia por […]
07 de Decembro de 2021

A Xunta e Agetan colaboran para consolidar Galicia como destino de natureza e deporte

A Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo, Aventura e Natureza deseñará novos produtos e activará un espazo propio de reservas.   A Xunta de Galicia, […]
28 de Novembro de 2021

Fegatur promociona o turismo rural no Camiño de Santiago levando de ruta a máis de 50 axentes de viaxes

Os “fam trips” organizados en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia desenvólvense en catro dos itinerarios das rutas de peregrinación.   Máis de medio centenar de […]
18 de Novembro de 2021

O turismo de interior galego traspasa fronteiras en Intur


Once empresas asociadas ao Clúster participarán no apartado profesional da feira que se celebra en Valladolid do 18 ao 21 de novembro.   Intur, a Feira […]