• O servizo de consultoría, de carácter gratuíto, facilita a obtención e renovación dos distintivos Q de Calidade e S de Sostibilidade Turística.
  • A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia e está dirixida a empresas e entidades do sector turístico galego.

 

O Clúster Turismo de Galicia renova un ano máis o seu servizo gratuíto de consultoría especializada para a obtención e mantemento das certificacións Q de Calidade Turística e S de Sostibilidade Turística, co obxectivo de seguir acompañando ao sector na mellora continua dos seus estándares de xestión e responsabilidade.

 

Esta iniciativa, que se enmarca nos convenios de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia, está orientada a facilitar ás empresas turísticas o proceso de adaptación aos requisitos necesarios para acceder a estas certificacións, amplamente recoñecidas no ámbito nacional e internacional.

 

A través deste servizo, as entidades participantes reciben apoio técnico personalizado durante tódalas fases do proceso, desde a revisión da documentación e a implantación de melloras, ata o acompañamento nas auditorías externas e a correcta valorización dos distintivos obtidos. No caso da certificación en sostibilidade, o asesoramento inclúe tamén o cumprimento de normas técnicas específicas, como a UNE-ISO 21401:2019, aliñada cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

 

Que ofrecen estas certificacións?

 

  • A Q de Calidade Turística garante estándares esixentes na xestión, servizos e instalacións das organizacións turísticas.
  • A S de Sostibilidade recoñece a implantación de boas prácticas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), premiando a aquelas empresas que avanzan cara a un modelo máis respectuoso e responsable coa contorna.

 

As entidades interesadas en acceder a esta consultoría poden manifestar o seu interese enviando un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou contactando a través do teléfono 881 24 74 36.

03 de Febreiro de 2026

O Clúster Turismo de Galicia mantén o seu apoio á certificación en calidade e sostibilidade do sector

O servizo de consultoría, de carácter gratuíto, facilita a obtención e renovación dos distintivos Q de Calidade e S de Sostibilidade Turística. A iniciativa desenvólvese en […]
13 de Xaneiro de 2026

O Clúster abre o prazo de reservas para o espazo de negocios do stand de Galicia en FITUR 2026

Os profesionais interesados en participar poderán reservar a data e hora das mesas.   O Clúster Turismo de Galicia asume, un ano máis, a xestión do […]
17 de Xullo de 2025

A aposta pola internacionalización do destino Galicia, a consolidación de diferentes produtos turísticos e o peche da Estratexia de Turismo 2030 centraron a actividade do Clúster en 2024

A Asemblea anual do Clúster Turismo de Galicia, celebrada o xoves 17 de xullo en Santiago, fixo balance das actuacións do pasado ano e informou das […]
25 de Xuño de 2025

Abertas as inscricións para o workshop profesional de Fairway Santiago 2025 con condicións especiais para as empresas asociadas ao CTG

As empresas asociadas ao Clúster poderán beneficiarse dunha cota de participación bonificada pola súa vinculación institucional.   O prazo de inscrición para o workshop profesional de […]