Actividades Destacadas

A caseta de Galicia no Salón Internacional de Turismo, Fitur, que se desarolla do 18 ao 22 de maio en Madrid, acollerá a presentación de dúas dos proxectos postos en marcha en 2016 no marco do concurso de ideas do Clúster de Turismo de Galicia co obxectivo de impulsar a creación de novos produtos turísticos. Presentaranse as dúas marcas postas en marcha en 2016 e que continuarán o seu desenvolvemento en 2017: Enoturismo Galicia e Galicia, Destino Familiar.

Concibidas co obxectivo de mellorar na comercialización e a especialización do Destino Galicia, ambos os proxectos estarán presentes na feira nunha presentación conxunta que terá lugar o vindeiro xoves, 19 de xaneiro ás 11,30h, coa participación de representantes do Clúster Turismo de Galicia e das Rutas dos Viños de Galicia, no caso da marca Enoturismo de Galicia.

E é que esta marca, na que xa están implicadas o cinco rutas enológicas galegas, nace co obxectivo de promover o turismo enológico no noso territorio. Baixo un mesmo paraugas, as Rutas do Viño do Ribeiro, Ribeira Sacra, Rías Baixas, Monterrei e Valdeorras, tras a súa adhesión ao Clúster Turismo de Galicia, traballan conxuntamente para dar a coñecer o patrimonio vitivinícola de Galicia e fomentar a súa comercialización a través de paquetes enoturísticos agrupados baixo o nome Emociones e que xa están á venda a través de diferentes axencias de viaxes e da web http://www.enoturismoengalicia.com/.

Selo familiar galego
Pola súa banda a iniciativa Galicia Destino Familiar está a dar os seus primeiros pasos para implantarse como selo durante este 2017. Concibido para situar a Galicia como destino do turismo familiar, o proxecto inclúe un sistema de acreditación orientado á posta en valor da oferta dirixida a este segmento a fin de que o consumidor poida identificar os servizos turísticos e establecementos especializados galegos que dispoñen de instalacións e actividades pensados e adaptados para as familias. As solicitudes para adherirse a este programa xa están abertas, co obxectivo de agrupar toda esta oferta na web e app de Galicia Destino Familiar (http://galiciadestinofamiliar.gal/)

16 de Xaneiro de 2017

O Clúster de Turismo de Galicia presenta en Fitur dous dos seus proxectos conxuntos de mellora da oferta turística galega

A caseta de Galicia no Salón Internacional de Turismo, Fitur, que se desarolla do 18 ao 22 de maio en Madrid, acollerá a presentación de dúas […]
28 de Decembro de 2016

A Xunta destina a Turismo de Galicia un orzamento para 2017 de 46 millóns de euros, un 5,4% máis que o exercicio pasado

O Camiño de Santiago e a mellora dos recursos turísticos locais centrarán boa parte dos investimentos Entre as novidades para 2017, a creación dos Premios Galicia […]
22 de Decembro de 2016

Ecodestin suporá un novo impulso para captar novos fluxos de turismo náutico a Galicia

Co obxectivo de seguir traballando na diferenciación do destino Galicia-Norte de Portugal e captar novos fluxos de turismo náutico para os portos galegos de titularidade autonómica, […]
21 de Decembro de 2016

O astroturismo, xunto co turismo sustentable e de de aventura, claves da próxima edición da ITB Berlín

A astronomía como atractivo turístico será un dos eixos temáticos ao redor dos que virará a próxima edición da feira internacional de turismo ITB Berlin, que […]