Actividades Destacadas

O encontro está impulsado polo Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra

Clúster Turismo de Galicia e Deputación de Pontevedran volven tender pontes de cooperación para celebrar o vindeiro mércores, 19 de decembro, unha xornada profesional orientada ao sector turístico galego baixo o título “O reto da internacionalización para o sector turístico” que terá lugar na sede da Deputación provincial, en Pontevedra.
A iniciativa enmárcase dentro dos obxectivos do Clúster Turismo de Galicia, así como entre os establecidos no Plan Estratéxico de Turismo de Pontevedra e na propia Estratexia de Turismo de Galicia 2020, que establece a internacionalización como un dos retos de futuro para o sector en Galicia. Así o encontro desenvolverase cos seguintes obxectivos:
1. Informar sobre estratexias e accións de internacionalización que poden ser de utilidade para o sector do turismo de Galicia, en especial para o sector empresarial. Prestarase especial atención aos aspectos máis innovadores e ao uso de novas tecnoloxías nas estratexias de internacionalización
2. Ser unha ferramenta de networking e servir como punto de encontro das entidades sociais do Clúster de Turismo de Galicia, e en xeral dos profesionais e axentes do sector turístico galego.
3. Contribuír a divulgar as actividades que desenvolve o Clúster de Turismo de Galicia en materia de internacionalización.
O programa da xornada estrutúrase ao redor dunha única xornada de mañá, que se desenvolverá a través de relatorios e mesas redondas nas que participarán expertos en materia de internacionalización, co fin de ofrecer claves e estratexias de éxito no desafío da comercialización turística a nivel internacional, abordando as dificultades propias que entraña a captación de fluxos turísticos en mercados estranxeiros. En concreto nesta edición das xornadas de internacionalización do Clúster – a primeira delas desenvolveuse en Vigo hai dous anos- centrarase no mercado alemán e o portugués, coa participación dos responsables de turismo das OETs de Berlín e Lisboa, Arturo Ortiz Arduán e Natalia Briales Cristóbal. Ademais, abordaranse outros aspectos importantes nos procesos de comercialización internacional, como o uso das novas tecnoloxías e a innovación como motores de cambio no sector dentro dun mercado cada vez máis competitivo e diverso.
10 de Decembro de 2018

Pontevedra acolle unha xornada centrada na internacionalización do sector turístico galego

O encontro está impulsado polo Clúster Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra Clúster Turismo de Galicia e Deputación de Pontevedran volven tender pontes de […]
26 de Novembro de 2018

A experiencia do cliente sitúase como elemento clave e de futuro para o sector turístico

Dous relatorios e unha mesa redonda en torno ao cliente centraron a xornada de peche oficial do Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia A […]
22 de Novembro de 2018

Preto de 200 profesionais do sector turístico participaron no workshop de Porto do Clúster Turismo de Galicia

Máis de medio centenar de profesionais do sector turístico galego mantiveron encontros comerciais con case medio centenar de empresas de turoperación de Porto. Ao redor dunhas […]
21 de Novembro de 2018

Cultura, natureza e enogastronomía, fíos condutores de Intur que se celebra até o domingo en Valladolid

Unha edición máis, o Clúster Turismo de Galicia está presente nesta feira profesional centrada no turismo interior Cultura, natureza e enogastronomía son os fíos condutores desta […]