destacados

Un 13 % dos españois gozarán durante este mes do seu descanso estival, segundo ObservaTUR.

 

Case o 60 % optarán polos destinos nacionais e  o 67 % viaxará a unha comunidade distinta á súa.

 

Agosto, o mes máis importante da tempada turística acaba de quedar atrás, pero a actividade do sector prosegue. Os datos recompilados polo Observatorio Nacional de Turismo Emisor (ObservaTUR) amosan que o 13 % dos españois que gozan de vacacións no verán elixen setembro para gozar dese descanso, superando así aos que optaron por xuño (11 %), aínda que lonxe daqueles que se decantaron por xullo (29 %) ou agosto (42 %).

 

As diferenzas varían segundo as franxas de idade estreitándose no caso das persoas de entre 65 e 74 anos. Nese caso agosto (20 %) perde a primeira posición nas preferencias de descanso estival en favor do mes de xullo (31 %) e vese superado tamén por xuño (24 %). Setembro sitúase en cuarta posición, pero tamén sobe varios puntos con respecto á cifra xeral ata situarse nun 18 %.

 

En canto aos destinos máis demandados polos españois para setembro, os datos de ObservaTUR reflicten unha predilección polos destinos nacionais. Así o farán o 60 % dos españois que se irán de vacacións durante este mes. E entre eles serán tamén maioría (un 67 %) os que se desprazarán a unha comunidade autónoma diferente á da súa residencia habitual optando maioritariamente por destinos de sol e praia e por unha semana de viaxe.

 

07 de Setembro de 2022

Setembro, terceiro mes máis demandado para gozar das vacacións estivais

Un 13 % dos españois gozarán durante este mes do seu descanso estival, segundo ObservaTUR.   Case o 60 % optarán polos destinos nacionais e  o […]
06 de Setembro de 2022

Turismo rural e sabores para gozar dun novo Outono Gastronómico

Un total de 73 establecementos das catro provincias galegas tomarán parte no programa.   O presidente do Clúster participou na presentación da 16 edición desta iniciativa […]
06 de Setembro de 2022

Nove membros máis para o Club de Produto Galicia Destino Sostible

A iniciativa impulsada polo Clúster coa colaboración da Xunta rolda xa a trintena de membros.   As empresas que se adhiran antes do 30 de setembro […]
04 de Setembro de 2022

O Clúster abre o prazo para sumarse á súa próxima misión comercial a Italia

Participará na feira internacional TTG Incontri Rimini, que se desenvolverá do 12 ao 14 de outubro.   Hai 6 prazas dispoñibles e os interesados poden anotarse […]