turismo activo

A través da marca Galicia Destino Activo, o Clúster de Turismo de Galicia estivo presente neste evento multitudinario que reuniu a miles de persoas na cidade lusa

Durante 3 días, a marca Galicia Destino Activo instalou un punto de información nas instalacións do Maratón do Porto para ofrecer información sobre os 14 produtos de turismo activo que compoñen esta marca.
O Maratón do Porto é un evento de grandes dimensións, no que este ano terminaron a carreira preto de 4000 persoas. Trátase dunha actividade de gran impacto e que responde o segmento de potenciais clientes dos produtos de turismo activo.
Os obxectivos principais desta acción foron aumentar o recoñecemento do destino Galicia para a práctica de actividades de turismo activo e a captación de potenciais clientes finais para os 14 produtos de turismo activo creados polas máis de 40 empresas ligadas a Galicia Destino Activo.
Galicia Destino Activo é un proxecto público-privado en crecemento, no que participan máis de 40 empresas asentadas no territorio. Os produtos percorren as 4 provincias galegas, achegáronse ás persoas participantes neste evento e aos seus acompañantes a través da páxina web e unha aplicación móbil (dispoñible tanto para Android como para IOS) na que se detallan as actividades a desenvolver en cada paquete, acompañadas de vídeo e fotografía.

06 de Novembro de 2019

Galicia Destino Activo presente na Maratón do Porto

A través da marca Galicia Destino Activo, o Clúster de Turismo de Galicia estivo presente neste evento multitudinario que reuniu a miles de persoas na cidade […]
21 de Outubro de 2019

Galicia Destino Activo aposta polo País Vasco para a presentación dos seus produtos

O Clúster de Turismo de Galicia organiza o próximo 29 de outubro en Bilbao un workshop para mostrar a axencias de viaxe vascas o produto de […]
01 de Outubro de 2019

AGETAN celebra un encontro para analizar o novo decreto de Turismo Activo de Galicia que a Xunta acaba de elevar a exposición pública

As empresas asociadas a AGETAN reuníronse este mércores para reflexionar sobre o estado do sector e incidir na súa ordenación. Con motivo da exposición pública do Proxecto de […]
25 de Setembro de 2019

A marca Galicia Destino Activo establécese como obxectivo a creación de 3 novos produtos de turismo activo

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu esta semana a II Xornada Galicia Destino Activo, concibida co obxectivo de continuar no traballo de posicionamento […]