Axencia de Turismo de Galicia

A Asociación GALICIA DESTINO GOLF organiza o vindeiro venres, 4 de novembro, en Santiago de Compostela, unha xornada de carácter gratuíto e de 3 horas de duración co obxectivo de abordar o potencial do golf como reclamo turístico para Galicia e sobre como situar Galicia como un Destino de Golf Diferente.

A xornada, que se desenvolverá no Gran Hotel Os Abetos en xornada de mañá, contará coa participación de Carmen Pita e Enrique Pérez, da Axencia de Turismo de Galicia, así como con Alfonos Agulló, director comercial de Le Club Golf, a maior re de campos de Europa e da presidenta da Asociación Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán. Tras as exposicións de todos eles, a xornada concluirá cunha mesa redonda.

Cabe destacar que a industria do golf xera en España ao redor de 775 millóns de euros anuais de valor engadido, segundo o estudo da empresa Golf Business, que destaca a importancia de xerar sinerxías entre esta industria deportiva e o sector turístico.

Máis información e inscricións no correo electrónico secretariogeneral@galiciadestinogolf.com ou no teléfono 610787975.

31 de Outubro de 2016

Compostela acolle unha xornada centrada na potencialidade do golf para o sector turístico galego

A Asociación GALICIA DESTINO GOLF organiza o vindeiro venres, 4 de novembro, en Santiago de Compostela, unha xornada de carácter gratuíto e de 3 horas de […]
24 de Outubro de 2016

Turoperadores galegos tomaron parte nun fam trip no Norte de Portugal

Turismo de Porto e Norte de Portugal promoveu un fam trip con turoperadores galegos que lles permitiu estreitar relacións co país veciño e descubrir o patrimonio […]
13 de Outubro de 2016
mesa de trabajo pontevedra Estratexia Turismo de Galicia 2020

Máis dunha ducia de localidades acollen as mesas de diagnóstico da Estratexia de Turismo de Galicia 2020

Neste proceso de escoita ao sector celebraranse un total de 28 mesas de expertos Rendibilidade, a xestión do éxito, o turismo en espazos naturais, os cambios […]
13 de Outubro de 2016

Galicia acolleu a fase final do Circuíto Sénior de Golf Turismo de Galicia

Tras a finalización das probas clasificatorias celebradas nas comunidades de Madrid, A Rioxa, Navarra, País Vasco e Asturias, Galicia acolleu a final do Circuíto Senior de […]