Galicia acolleu a fase final do Circuíto Sénior de Golf Turismo de Galicia

ACTIVIDADES

Galicia acolleu a fase final do Circuíto Sénior de Golf Turismo de Galicia

Tras a finalización das probas clasificatorias celebradas nas comunidades de Madrid, A Rioxa, Navarra, País Vasco e Asturias, Galicia acolleu a final do Circuíto Senior de golf Turismo de Galicia, que se celebrou esta semana no Campo de Golf Baneario Mondariz se consolida como un evento de referencia a nivel nacional

O vinte xogadores clasificados destas fases previas disputaron unha competición de dous días, 10 e 11 de outubro nun torneo que, segundo os seus organizadores, vén consolidar esta competición como evento de referencia a nivel nacional dentro do programa de competicións do segmento de xogadores sénior en España. Ademais, de forma paralela, os acompañantes dos competidores tamén celebraron unha competición paralela. En total participaron no evento 54 xogadores que, ao finalizar as competicións, gozaron de sorteos de agasallos e degustación de produtos galegos.

Ao final do torneo proclamáronse campións do VI Circuíto de Golf Sénior Turismo de Galicia, en Scratch o golfista Francisco Moreno, procedente de Navarra; en Hándicap, Juan Carlos Tinturé, de Asturias; en Mastersénior Hándicap (maiores de 70 anos), Francisco Cachafeiro de Madrid; e en Damas, Arrate Garate do País Vasco. A entrega de premios estivo presidida por Carmen Pita Urgoiti, Directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia, acompañada por Javier de Francisco, socio da Adega Pazo de Vieite, e Ignacio da Costa, xerente do Golf Balneario de Mondariz.

Entre os obxectivos que cumpre a celebración deste evento está o de situar a oferta turística galega no imaxinario do xogador de golf, dando a coñecer Galicia como destino ideal para a práctica deste deporte que lle permite gozar, ademais, da enorme riqueza enogastronómica, deportiva e de termalismo coa que conta o noso territorio. Ademais, esta iniciativa facilita tamén a presentación da oferta de campos e servizos turísticos mediante un produto estratéxicamente diferenciado.

ACTUALIDADE
15-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "MELLORA DOS MECANISMOS DE COMERCIALIZACIÓN, ACTUACIÓNS DE PROMOCIÓN ONLINE E PROMOCIÓN NA CANLE DE VENDA PRESENCIAL PARA GALICIA TURISMO ACTIVO", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

14-6-2021

Prego de condicións que rexerán a contratación dun servizo de "CREACIÓN E CONSOLIDACIÓN DE PRODUTO TURÍSTICO VINCULADO AO CAMIÑO DE SANTIAGO DENOMINADO UN DESCANSO NOS CAMIÑOS", coa colaboración da Xunta de Galicia-Axencia de Turismo de Galicia

27-5-2021

Elixe Galicia permite ás persoas desta Comunidade facer viaxes internas cunha bonificación do 40 por cento

24-5-2021

Unhas 60 empresas xa se adheriron ás ofertas do carné xove europeo a través do Clúster de Turismo de Galicia