Axencia de Turismo de Galicia

Máis dun centenar de especialistas participaron no Seminario Internacional de Turismo Temático e Rutas Transnacionais dentro da programación do 30ª aniversario do Camiño de Santiago

En colaboración coa OMT e a European Travel Comission, a Axencia de Turismo de Galicia promoveu a celebración do Seminario Internacional de Turismo Temático e Rutas Transnacionais que reuniu en Santiago a un centenar de profesionais co obxectivo de avanzar na posta en macha en Galicia de experiencias turísticas conxuntas entre as administracións de diversas zonas do mundo para axudar a reorientar os fluxos de visitantes a outros lugares de interese e profundar así nun modelo turístico ordenado, planificado e sustentable.
A iniciativa, que se inclúe na programación do 30 aniversario do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo que se está celebrando desde o mes de outubro, contou coa participación tanto da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, como con destacados especialistas como o director executivo de Cooperación Técnica e Servizos da OMT, Zhu Shanzhong, ou o presidente da European Travel Commission, Peter de Wilde, así como especialistas de varios continentes que debateron sobre retos, oportunidades ou perspectivas turísticas e representantes da Ruta da Seda, da Asociación Europea do Turismo, do Centro de Competencia do Danubio, da rede Ibertur ou da Federación Europea de Cidades Napoleónicas. Tamén membros da Unesco, a Comisión Europea, o Parlamento Europeo e do Instituto Europeo de Rutas Culturais. Ou a rede europea de rutas de ciclismo EuroVelo, a Ruta Costeira do Atlántico e rutas de Centroamérica e de Sudamérica. O seminario, que tamén inlcuye varios workshop, conclúe o sábado cun percorrido por algúns puntos de interese de Galicia.

21 de Novembro de 2017

Experiencias turísticas transnacionais como clave para reorientar os fluxos de viaxeiro

Máis dun centenar de especialistas participaron no Seminario Internacional de Turismo Temático e Rutas Transnacionais dentro da programación do 30ª aniversario do Camiño de Santiago En […]
17 de Novembro de 2017

Máis dun cento de actividades converten a Ourense na capital do turismo deportivo

Do 17 ao 19 de novembro Expourense acolle a primeira edición de Sportur, Salón do Deporte e Turismo Activo, unha iniciativa coa que se busca dar […]
08 de Novembro de 2017

Máis de 25 encontros múltiples agendados entre profesionais do sector turístico galego e turoperación internacional

A través do servizo de axenda ofrecido polo Clúster Turismo de Galicia aos empresarios que participaban na misión comercial á World Travel Market, nesta edición hanse […]
08 de Novembro de 2017

O mercado británcio busca en oferta turística galega experiencias diferenciadas, auténticas e de calidade

A misión comercial impulsada polo Clúster Turismo de Galicia á World Travel Market de Londres conclúe con máis de 25 encontros con turoperadores do mercado británico […]