En colaboración coa OMT e a European Travel Comission, a Axencia de Turismo de Galicia promoveu a celebración do Seminario Internacional de Turismo Temático e Rutas Transnacionais que reuniu en Santiago a un centenar de profesionais co obxectivo de avanzar na posta en macha en Galicia de experiencias turísticas conxuntas entre as administracións de diversas zonas do mundo para axudar a reorientar os fluxos de visitantes a outros lugares de interese e profundar así nun modelo turístico ordenado, planificado e sustentable.
A iniciativa, que se inclúe na programación do 30 aniversario do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo que se está celebrando desde o mes de outubro, contou coa participación tanto da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, como con destacados especialistas como o director executivo de Cooperación Técnica e Servizos da OMT, Zhu Shanzhong, ou o presidente da European Travel Commission, Peter de Wilde, así como especialistas de varios continentes que debateron sobre retos, oportunidades ou perspectivas turísticas e representantes da Ruta da Seda, da Asociación Europea do Turismo, do Centro de Competencia do Danubio, da rede Ibertur ou da Federación Europea de Cidades Napoleónicas. Tamén membros da Unesco, a Comisión Europea, o Parlamento Europeo e do Instituto Europeo de Rutas Culturais. Ou a rede europea de rutas de ciclismo EuroVelo, a Ruta Costeira do Atlántico e rutas de Centroamérica e de Sudamérica. O seminario, que tamén inlcuye varios workshop, conclúe o sábado cun percorrido por algúns puntos de interese de Galicia.