Normativa, comercialización e información sobre axudas e subvencións serán algúns dos aspectos que se abordarán na xornada que o próximo 7 de marzo acollerá o Cámping de Valdoviño. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, orientada ás empresas de turismo activo e surf do geodestino ferrolterra e enmarcada no convenio asinado con Turismo de Galicia para o impulso e promoción turística neste territorio e especialmente das empresas que conforman a oferta de Activo365 e Costa das Ondas.

O punto forte da xornada será a participación de dous técnicos de TripAdvisor que orientarán aos participantes para mellorar as súas vendas a través desta plataforma. Estes expertos abordarán na súa participación as tendencias en turismo activo e explicarán a mellora do posicionamento como destino, co obxectivo de darlle ferramentas ao territorio en promoción e comercialización online.

Tamén haberá un módulo de formación en lexislación do turismo activo, así como de subvencións específicas para este sector que lles permitirá coñecer as oportunidades de financiamento público para a creación de novos proxectos profesionais de turismo activo e de surf, ou ampliación dos existentes.

Módulo AGETAN
O presidente da Asociación galega de empresas de turismo activo, aventura e natureza, AGETAN, pola súa banda, informará as accións desta asociación que aglutina ao sector profesional do turismo activo de Galicia.

Para máis información e inscrición nas xornadas poden facelo nesta ligazón: http://bit.ly/melloradacomercializacion ou no teléfono teléfono 633 074 271.

04 de Marzo de 2019

A comarca de Ferrolterra acolle unha xornada profesional orientada a mellorar a comercialización de empresas de turismo activo

Normativa, comercialización e información sobre axudas e subvencións serán algúns dos aspectos que se abordarán na xornada que o próximo 7 de marzo acollerá o Cámping […]
20 de Febreiro de 2019

Nova edición do programa Anfitrións do Turismo

Coordinado pola Secretaría de Estado de Turismo dentro do Plan do Turismo Español Horizonte 2020, no seu eixo Valor ao Cliente, programa Calidade Percibida, o proxecto […]
30 de Xaneiro de 2019

Aberta a convocatoria de axudas para a contratación de persoal nas oficinas de turismo de xeodestinos e municipios turísticos.

A Axencia de Turismo de Galicia publicou unha liña de axudas, dotada cun total de 300.000 euros, para a contratación de persoal nas oficinas de turismo […]
28 de Xaneiro de 2019

A Xunta lanza dúas liñas de axuda para a mellora dos aloxamentos turísticos por importe de 4 millóns de euros

Enmarcadas no Plan MAT e impulsadas polo IGAPE e a Consellería de Cultura e Turismo, están orientadas a mellora de servizos, accesibilidade e implantación de medidas […]