A Asemblea Xeral Extraordinaria celebrarase nesta ocasión no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

 

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata 5 días hábiles antes da celebración da asemblea.

 

A do próximo martes 20 de decembro é unha data marcada en vermello no calendario do sector turístico galego. Ese día, o Clúster Turismo de Galicia celebrará unha Asemblea Xeral Extraordinaria na que se procederá á renovación do seu consello executivo, incluído o presidente e o resto dos seus cargos principais. Será, pois, unha xornada de encontro dos representantes das case 70 entidades, asociacións e empresas que o integran, e na que deberán decidir quen se encargará de dirixir o Clúster durante o próximos catro anos.

 

A diferenza do ocorrido en anteriores convocatoria, esta vez non será a Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, o espazo elixido para a asemblea, senón que se trasladará ao Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousacoincidindo coa celebración nese mesmo escenario unhas horas antes dunha actividade organizada polo Clúster conxuntamente coa Deputación de Pontevedra.

 

O comezo da asemblea xeral foi fixado para as 17.30 horas en primeira convocatoria, ou medio hora máis tarde en segunda, e o proceso de elección realizarase en base ao establecido nos Estatutos e o Regulamento de Réxime Interno do Clúster. En total serán 68 as empresas e entidades que, como socias do Clúster, poderán votar, aínda que o número de sufraxios será maior posto que, tal como establece a normativa do Clúster, as asociacións teñen dereito a emitir entre 1 e 4 votos en función do seu número de membros.

 

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata cinco días hábiles antes da celebración da asemblea. Cada candidatura debe incluír o nome das persoas que ocuparán os cargos de presidente, vicepresidente, secretario e tesoureiro, así como dos vogais (un mínimo de 6 e un máximo de 12) que completarán o consello executivo. Todos eles deben ser designados como representantes diante do Clúster das empresas ou asociacións das que forman parte.

10 de Decembro de 2022

Os socios do Clúster están chamados a elixir o día 20 o novo consello executivo da entidade

A Asemblea Xeral Extraordinaria celebrarase nesta ocasión no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.   O prazo para presentar as candidaturas estará aberto ata 5 días […]
02 de Decembro de 2022

Convocatoria de Asemblea Xeral Extraordinaria para a elección de novo Consello Executivo

O martes 20 de decembro Vilagarcía de Arousa acollerá a celebración da Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster de Turismo de Galicia (CTG) no Auditorio Municipal de […]
25 de Outubro de 2022

Medio centenar de empresas e unha trintena de produtos integran xa o Club Galicia Destino Sostible, que puxo en marcha o Clúster Turismo de Galicia no mes de xullo

O seu obxectivo é axudar ao sector a avanzar cara a un novo modelo turístico máis aliñado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 e […]
07 de Outubro de 2022

O Club de Produto Galicia Destino Sostible lanza as súas primeiras propostas

Rutas, aloxamentos, astronomía e gastronomía co común denominador da sustentabilidade integran as iniciativas inaugurais deste proxecto impulsado polo Clúster coa colaboración da Xunta.   O prazo […]