• O sistema nace froito da colaboración do Clúster de Turismo con GaiásTech e Optimizadata.
  • O 31 de maio terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech que tamén se poderá seguir por streaming.
  • Está dirixido a propietarios e directivos de empresas de aloxamento de Galicia.

 

O Clúster de Turismo, coa colaboración de GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Optimizadata, pon a disposición das empresas de aloxamentos (que conten cun PMS-Property Management System) un sistema de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento. Esta aplicación, que se poderá empregar de xeito gratuíto, facilitará a xestión deste tipo de establecementos e proporcionará unha información de notable interese para as empresas turísticas.

 

O vindeiro mércores, 31 de maio, terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech, localizado na Cidade da Cultura de Galicia, a partir das 17:00 horas. Na xornada, que tamén se poderá seguir por streaming, intervirán os profesionais Antonio García Ruiz, CCO de Optimizadata, e César Moreno Gil, CEO de Optimizadata.

 

O evento está dirixido a propietarios e directivos de empresas de aloxamento de Galicia. O seu obxectivo é poñer a disposición destas empresas un sistema que permita comparar os datos de ocupación con respecto ao destino ou empresas similares no destino, os prezos, a evolución, etc. Deste xeito redúcese o risco na toma de decisións empresariais e increméntase a rendibilidade dos establecementos.

 

A sesión dividirase en catro partes. A primeira será a presentación do sistema de monitorización e análise de datos de establecementos de aloxamento, expoñendo unha análise histórica e a prospectiva de ocupación. Seguidamente, continuarase conversando sobre os diferentes modelos de adhesión. Logo disto, presentaranse experiencias similares noutras contornas xeográficas nos que xa entrou en funcionamento un sistema similar, como é o caso da colaboración de Optimizadata con Hosbec na comunidade valenciana. Finalmente, as persoas asistentes poderán achegar as súas cuestións ou dúbidas nunha rolda de preguntas.

 

As inscricións pódense realizar a través deste formulario habilitado por GaiásTech. Podes consultar máis información sobre o evento e o programa completo no taboleiro de actividades de GaiásTech.

16 de Maio de 2023

O Clúster de Turismo presenta un sistema de monitorización e análise de datos de ocupación de establecementos de aloxamento

O sistema nace froito da colaboración do Clúster de Turismo con GaiásTech e Optimizadata. O 31 de maio terá lugar unha sesión informativa no Centro GaiásTech […]
24 de Abril de 2023

Tras a reunión entre o Clúster de Turismo de Galicia e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, conséguese aumentar de 100 a 150 as visitas ao arquipélago dos Guidoiros.

Concretarase co sector turístico os horarios de acceso co obxectivo de garantir un bo equilibrio entre a protección e goce deste espazo natural.   O Clúster […]
21 de Abril de 2023

A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo retoma a súa gala provincial da hostalería lucense.

O pasado luns 17 de abril de 2023 marcou o regreso do encontro anual do gremio dos hostaleiros da provincia de Lugo, tras varios anos de […]
17 de Abril de 2023

O Club de Produto Galicia Destino Sostible suma catro novas incorporacións

Camiño en Kayak, Corticata, Hotel & Talaso Louxo A Toja e Eclectic restaurante son as catro novas empresas que, desde xa, forman parte do club de […]