Actividades Destacadas

Un máximo de 26 empresas poderán tomar parte nas actividades que se desenvolverán os días 9 e 10 de maio.

 

Ambas xornadas comezarán cun workshop con empresas locais que dará paso a unha presentación do destino e un cóctel degustación.

 

O Clúster acaba de abrir o prazo de inscrición na súa próxima viaxe promocional de Galicia. Neste caso, a actividade centrarase no mercado nacional e terá como escenario dúas cidades cun gran potencial para o noso sector turístico: Málaga e Madrid. Alí realizaranse senllos workshops, nos que os nosos empresarios poderán interactuar con operadores locais, e haberá tamén unha presentación do destino Galicia, cunha proxección dun vídeo promocional e unha breve intervención institucional, e un cóctel degustación.

 

A viaxe desenvolverase a mediados do próximo mes de maio e poderán tomar parte un máximo de 26 empresas galegas. A cita en Málaga será o martes 9 de maio. Un día despois será a quenda da capital española. En ambos os casos, os actos darán comezo ás 20 horas. Co obxectivo de incentivar e premiar a participación dos axentes locais, ao termo da velada realizarase un sorteo de estancias en Galicia.

 

O prazo para inscribirse nesta viaxe estará aberto ata o 12 de abril, ás 20 horas, e en caso de haber máis solicitudes que prazas se asignarán seguindo os criterios de prioridade que se poden consultar nesta ligazón. Os interesados en participar deben cumprimentar este formulario, realizar unha transferencia de 100 euros ao Clúster en concepto de garantía e enviar o xustificante bancario a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com

 

 

01 de Abril de 2023

Aberto o prazo para participar nas presentacións programadas polo Clúster en Málaga e Madrid

Un máximo de 26 empresas poderán tomar parte nas actividades que se desenvolverán os días 9 e 10 de maio.   Ambas xornadas comezarán cun workshop […]
12 de Marzo de 2023

O Clúster e Galicia Destino Sostible viaxan a Londres con Turespaña para promocionar o turismo sostible

Cesáreo Pardal será un dos relatores do primeiro foro Spain’s Sustainability Day, que se celebrará na capital británica o 26 de abril.   A xornada concluirá […]
20 de Decembro de 2022

O Clúster Turismo de Galicia dá continuidade á directiva actual baixo a presidencia de Cesáreo Pardal

A Asemblea Xeral votou hoxe a única lista presentada ás eleccións, que renova catro dos doce vogais que integran o Consello Executivo.   Vilagarcía de Arousa, […]
19 de Decembro de 2022

O Clúster convida o sector a debater este martes en Vilagarcía sobre as boas prácticas na xestión turística

A xornada, na que participarán destacados expertos, foi organizada coa colaboración da Deputación de Pontevedra e a Axencia Turismo de Galicia.   O prazo para anotarse […]