A Asemblea Xeral votou hoxe a única lista presentada ás eleccións, que renova catro dos doce vogais que integran o Consello Executivo.
Vilagarcía de Arousa, 20 de decembro de 2022.- A Asemblea Xeral do Clúster de Turismo de Galicia deu hoxe continuidade o actual equipo directivo tras votar á única lista presentada ás eleccións que a entidade celebra cada catro anos. A Asemblea Xeral votou a única lista presentada ás eleccións, que renova a catro dos doce vogais que integran o máximo órgano directivo. O Auditorio Municipal de Vilagarcía acolleu hoxe a Asemblea Xeral Extraordinaria do Clúster Turismo de Galicia cun único punto na orde do día, a elección dos integrantes do seu órgano de dirección, o Consello Executivo.
Tras a votación dos asociados e aprobación da única lista presentada, o novo Consello Executivo quedou composto por Cesáreo Pardal, que continúa como como presidente da entidade; Jesús Picallo, que permanece como vicepresidente ao igual que César Sánchez-Ballesteros, como secretario, e Alfonso Martínez, como tesoureiro.
Na votación os asociados elixiron, tamén, aos doce vogais do Consello Executivo, catro deles novas incorporacións como é o caso de Sara M. Santos Ferreiro (Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago); Luisa Lorenzo da Unión Hotelera de Compostela; Agustín Collazos Martín, da Asociación Empresarial de Hospedaxe de A Coruña (HOSPECO); e Juan Manuel Casares, da Ruta do Viño Ribeiro. Todos os vogais son representantes dalgunha entidade adherida ao CTG e tras a votación deste ano increméntase a presenza feminina que pasa de catro a cinco vogais dos 12 que integran o equipo directivo.
Integrantes do Consello Executivo
Así, a composición do Consello Executivo queda da seguinte forma (entre paréntese as entidades ás que representan):
Vogais:
Retos do sector
O equipo directivo trasladou o seu agradecemento aos asociados por depositar de novo a súa confianza nos actuais integrantes para abordar os retos do sector, tras a crise sanitaria e actual situación económica derivada da inflación, o aumento dos prezos da electricidade e os carburantes e a situación xeopolítica.
Neste sentido recoñeceron a resiliencia das empresas do sector, especialmente afectadas pola crise sanitaria, e amosaron o seu compromiso por seguir traballando por un sector máis competitivo, buscando a colaboración público-privada para impulsar a dixitalización, a sostibilidade e a internacionalización, consolidando a Galicia como un destino de referencia a nivel nacional e internacional.
O Clúster Turismo de Galicia, a piques de cumprir o seu décimo aniversario, integra 72 entidades que se distribúen polo catro provincias galegas. Estas entidades, entre federacións, consorcios e asociacións provinciais e galegas representan o 95% do sector turístico de Galicia, agrupando a máis de 7.000 empresas.