turismo náutico

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, foi o encargado de detallar en Fitur a oferta náutica galega orientada cara á captación de novos fluxos de turistas a través da náutica recreativa, o programa Navega O Camiño para conseguir a Compostela por mar e a X Edición da Regata Illas Atlánticas para barcos Clásicos e de Época. Durán expuxo, ademais, que entre os obxectivos para este 2017 está a fidelización dos fluxos de navegación abertos entre Francia, Gran Bretaña, Irlanda e Galicia e a captación de navegantes procedentes de centro Europa para o que se están desenvolvendo accións promocionais dos portos deportivos de Galicia a nivel nacional e internacional.

30 Aniversario do Pantin Classic
Fitur acolleu tamén a presentación da 30ª edición do Pantín Classic Galicia Pro de surf, a cuarta competición de surf máis antiga do mundo que se celebrará en Ferrolterra entre finais de agosto e principios de setembro. Como novidade, este ano a competición durará nove días e espérase que volva superar cífraa marca do ano pasado cando pasaron pola praia de Pantín máis de 55.000 persoas para gozar do campionato.

20 de Xaneiro de 2017

Portos de Galicia promociona a oferta turística de cruceiros en Fitur

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, foi o encargado de detallar en Fitur a oferta náutica galega orientada cara á captación de novos […]
10 de Xaneiro de 2017

O turismo náutico incrementouse nun 4% nos portos deportivos galegos en 2016

A maior suba rexistrouse nas Rías Baixas, cun incremento do 14,5% Portos de Galicia fixo balance do tránsito de embarcacións estranxeiras nos portos deportivos galegos en 2016 […]
03 de Outubro de 2016

A oferta náutica recreativa galega se dió cita na Feira Grand Pavois de Francia

O recinto feiral francés da Rochelle acolleu unha nova edición da feira especializada en turismo náutico Le Grand Pravois, na que o turismo náutico recreativo e […]
21 de Setembro de 2016

Turismo Rural, Agora Tamén promociona conxuntamente o turismo rural e a súa oferta complementaria cun fam trip e sorteos

A iniciativa, impulsada polo Clúster Turismo de Galicia, busca crear sinerxías no sector e mellorar a comercialización da oferta turísica O porto deportivo de Vilagarcía de […]