Turismo de Galicia

A Ribeira Sacra lucense acolleu a gran final do circuíto de golf sénior, instrumento que a axencia de Turismo de Galicia utiliza desde hai 9 anos para promocionar a comunidade como un destino de golf diferente que transmite tranquilidade, relax e sobre todo boa gastronomía e bos viños.

Finalmente foi Antonio Monteira, na categoría Scratch, o gañador absoluto, seguido do xogador de San Sebastián Jaime Beñarán. En categoría hándicap o gañador foi o xogador navarro Gabriel Nagore, seguido do sevillano Carlos Menor. En categoría Damas a mellor foi a xogadora de San Sebastián Rafaela Argamasilla e na categoría de Mastersenior (maiores de 70 anos) o xogador sevillano José Mª Cobo Machacón. Na final paralela triunfaron as xogadoras sevillanas Manuela Pachón e Cristina Valverde que quedaron primeira e segunda respectivamente.

Os 24 finalistas do Circuíto, procedentes de Valencia, Pamplona, Sevilla, Madrid, San Sebastián e Xixón, xunto cos seus acompañantes, puideron gozar de 4 días na Ribeira Sacra, aloxados no hotel balneario Oca Augas Santas Golf, onde a paisaxe e a enogastronomía da ribeira sacra foron tamén protagonistas. A este grupo uníronse 30 amigos dos finalistas que adquiriron o paquete turístico para acompañarlles nesta experiencia e xogar a final paralela. Hai que destacar, entre estes últimos, un grupo de 16 persoa procedente de Valencia.

Durante a súa estancia os visitantes puideron gozar, ademais da gastronomía da zona, dunha visita á adega de Regina Viarum, no berce do Amandi e un percorrido en catamarán polos canóns do Sil e así poder contemplar os viñedos en plena vendima polo que moitos deles decidiron alargar a súa estancia en Galicia até o domingo, para coñecer outros campos de golf galegos e gozar do territorio.

03 de Outubro de 2019

Antonio Mortera Morán proclámase gañador absoluto do VIII Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia.

A Ribeira Sacra lucense acolleu a gran final do circuíto de golf sénior, instrumento que a axencia de Turismo de Galicia utiliza desde hai 9 anos […]
24 de Setembro de 2019

O CSHG afronta un plan de renovación por importe de máis de 5 millóns de euros para converterse en centro de referencia en innovación turística

Implantarase o grao de Innovación Gastronómica e Xestión Hostaleira na Universidade de Santiago coa colaboración do sector A Xunta de Galicia presentou o plan de acción […]
19 de Setembro de 2019

A Xunta lanza unha nova liña de axudas de 500.000 euros para impulsar o turismo de congresos

No marco do Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, a Xunta acaba de aprobar unha nova liña de subvencións dirixida as entidades organizadoras de congresos, seminarios ou […]
11 de Setembro de 2019

O Clúster de Turismo de Galicia prepara unha nova misión comercial á feira internacional de turismo de Londres

Como en edicións anteriores, o Clúster Turismo de Galicia xa está a preparar a misión comercial internacional coa que concluirán as accións de promoción de destino […]