As instalacións do Centro Gradiant en Vigo acollen o 26 de abril unha nova xornada do programa Re-Acciona TIC, “Cando os números falan. Retos do Big Data”, impulsada por Amtega e Igape. Nesta ocasión a xornada está orientada aos retos e oportunidades que supón o denominado Big Data, isto é, a recompilación e análise de gran volume de datos que nos permite coñecer mellor ao noso cliente.

Dirixido a persoal directivo e responables de departamentos en empresas de calquera sector, a xornada desenvolverase en horario de mañá, de 10h a 11h co obxectivo de profundar no potencil de coñecer as vantaxes da dixitalización das pemes.

PROGRAMA
10.00 Presentación institucional
Luís Pérez. Director Xeral. Gradiant
Representante. Cluster TIC
Eladio Otero. Xefe de Innovación Tecnolóxica. Amtega
José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP

10.10 Relatorio marco
Guillermo López. CEO & Co-founder. Torusware

10.30 Caso de éxito de Re-acciona
Experiencia Re-acciona

Santiago Cabaleiro. Responsable de Valor de Persoas. Grupo Visual MS (Gañadora dos Best Workplaces 2017)
Enrique de Miguel.CEO.2MARES

10.50 Programa Re-acciona TIC: servizos para o fomento da economía dixital nas pemes
Eladio Otero. Xefe de Innovación Tecnolóxica. Amtega
José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP

11.30 Networking

Inscricións antes do 26 de abril a través do correo comunicacion.reacciona@igape.es // Tel. 986 419 922 (ext.2030)

20 de Abril de 2017

Retos do big data, nova xornada sectorial Reacciona TIC

As instalacións do Centro Gradiant en Vigo acollen o 26 de abril unha nova xornada do programa Re-Acciona TIC, “Cando os números falan. Retos do Big […]
15 de Marzo de 2017

Unha trintena de profesionais recibiron asesoramento para a dixitalización do sector turístico nunha xornada do Reacciona-TIC

Unha trintena de empresarios e profesionais do sector turístico déronse cita en Sanxenxo para participar na xornada “A dixitalización do turismo e os seus desafíos”, programada […]
21 de Febreiro de 2017

Catro experiencias TIC no sector turístico abrirán este xoves na Cidade da Cultura o programa #UpDatePeme

Impulsada pola AMTEGA en colaboración co Clúster para esta primeira sesión, a xornada ten xa as inscricións abertas Co obxectivo de servir de punto de encontro […]
16 de Febreiro de 2017

Terceira convocatoria do Programa de Axudas ReAccionaTIC

Promovido conxuntamente pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica (AMTEGA) e o IGAPE, até o próximo 28 de febreiro está aberta a 3º convocatoria do Programa de […]