Semana Verde

Máis de 128.000 persoas pasaron polo recinto feiral de Silleda durante catro xornadas da Semana Verde de Silleda, toda unha marca de afluencia que puideron gozar dos 725 expositores directos de doce países e dunha variada oferta de produtos e servizos nun certame que cumpría 42 anos. A estes números únenselles os conseguidos polo Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que celebrou máis de 1.500 reunións de negocio, e o IX Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2019, que se celebrou conxuntamente coa Feira de Festas de Interese Turístico ( Festur), e que acolleu no marco da súa Bolsa de Contratación Turística máis de 2.400 reunións de negocio.

Nestes encontros, que se desenvolveron durante o xoves e venres, tiveron lugar déronse cita 140 empresas e entidades turísticas, a maioría galegas, e 47 operadores turísticos procedentes de España e doutro dez países con gran interese como emisores de turismo como Alemaña, Brasil, EE. UU, Finlandia, Italia, Irlanda, Portugal, Rusia, Suecia e Suíza.

A satisfacción foi xeneralizada polo gran número de profesionais que se deu cita nos diferentes salóns, que conseguen atraer a unha gran diversidade de público, ademais do crecemento dos encontros internacionais celebrados tanto en Turexpo como en Salimat, que creceron respecto da edición pasada, alcanzando de forma conxunta os 3.900.

10 de Xuño de 2019

Balance positivo da Semana Verde e de Turexpo, que pechan mellorando as cifras de edicións anteriores

Máis de 128.000 persoas pasaron polo recinto feiral de Silleda durante catro xornadas da Semana Verde de Silleda, toda unha marca de afluencia que puideron gozar […]
21 de Xuño de 2018

Medio cento de profesionais reciben formación práctica en Maceda para promocionar Galicia como destino saudable

O Castelo de Maceda acolleu a segunda acción de promoción dentro do “Workshop de Comercialización de Turismo de Saúde e Médico de Galicia”, un showcooking dirixido […]