promoción

Os participantes terán un stand virtual con espazos de reunión e contacto no que amosarán os seus produtos e se reuniran con responsables das axencias visitantes

Axencias de viaxes de toda España poderán visitar unha exposición virtual e un espazo de encontro creado polo Clúster de Turismo de Galicia no que as empresas galegas darán a coñecer os seus produtos turísticos os días 17 e 18 de novembro.

Trátase dunha ferramenta á que os participantes poden acceder facilmente, previa inscrición, na que, dun xeito moi intuitivo e sinxelo, visitarán unha zona de posto para produtos e unha área de auditorio dedicada a proporcionar información máis xenérica sobre o destino Galicia.

Os visitantes poden acceder ao stand de cada expositor cun só clic. Unha vez dentro, poden concertar unha cita para falar coa persoa de contacto, ademais de ver o contido audiovisual: vídeos, folletos explicativos en pdf, etc.

Os stands poderán amosar un vídeo promocional, unha ligazón á páxina web do expositor, unha zona de conversa escrita ou de videoconferencia, ofertas comerciais, un dossier gráfico, unha zona de xogos ou sorteos, a posibilidade de personalización coa marca e acceso ás ligazóns de contacto (correo electrónico).

Os ‘workshops’ están abertos a 35 expositores, que serán empresas do sector turístico galego. Durante o primeiro día (17 de novembro), os visitantes serán representantes de Viajes El Corte Inglés de toda España. O 18 de novembro estará aberto á participación de todas as axencias de viaxes españolas.

As empresas interesadas en participar como expositores (ata un máximo de 35) deberán enviar un correo electrónico expresando o seu interese e facilitando a información básica: nome, apelidos, correo electrónico e teléfono de contacto. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición.  O prazo de inscrición remata o xoves 5 de novembro ás 13:00 horas.

30 de Outubro de 2020

O Clúster organiza o ‘workshop’ #quedamosenGalicia para dar a coñecer os produtos turísticos galegos ás axencias españolas

Os participantes terán un stand virtual con espazos de reunión e contacto no que amosarán os seus produtos e se reuniran con responsables das axencias visitantes […]
29 de Setembro de 2020

Turismo de Galicia e as rutas dos viños de Galicia presentan unha campaña de promoción “Reencontros cos 5 sentidos”

No mesmo acto destacouse a importancia da plataforma de comercialización da oferta do cinco rutas que tamén se impulsaron no marco dun convenio asinado polas rutas […]
14 de Setembro de 2020

A campaña de promoción turística “Segue o teu instinto” superou xa este verán os obxectivos marcados para todo o ano

Carmela Silva: “Os datos son espectaculares. A estas alturas do ano son máis de 24 millóns de impactos desta campaña de promoción da provincia e isto […]
16 de Xullo de 2020

O Consorcio lanza unha campaña dixital e de proximidade para reforzar o destino baixo a lema ?Sanxenxo Volve?

O obxectivo é reforzar a imaxe do municipio líder do turismo vacacional en Galicia como referente de calidade e seguridade no norte peninsular O Consorcio de […]