Instituto para la Calidad Turística Española

O Clúster Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística concedido polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) durante a celebración de Fitur, que pecha este domingo en Madrid. Trátase dun dos recoñecementos máis importantes do sector e a súa entrega tivo lugar durante a gala da Noite Q 2020 na Galería de Cristal Palacio de Cibeles, sede do Concello de Madrid. Tamén recibiron o distintivo o Concello de Torremolinos, a Asociación de Empresarios de Praia Costa do Sol, o Concello de Puerto de la Cruz e o Cabildo de Tenerife.

O obxectivo dos galardóns é recoñecer o esforzo realizado polas institucións ou persoas particulares para impulsar a marca Q de Calidade Turística. No caso do Clúster Turismo de Galicia o ICTE fai entrega deste premio ao CTG en recoñecemento ao compromiso do empresariado turístico galego coa Marca Q de Calidade, cunha participación activa do Clúster, no apoio a todas as accións ao redor da Q que se impulsan desde a Xunta de Galicia e coa culminación dun importante número de certificacións, que converteu a esta Comunidade na segunda de toda España neste aspecto.

O premio foi recolliedo polo presidente do Clúster, Cesáreo Pardal nunha gala presidida pola Secretaria de Estado de Turismo, Isabel Oliver e o presidente do ICTE, Miguel Mirones, que manifestou que con estes Premios, desde o Instituto quérese subliñar unha vez máis a importancia da colaboración público-privada, posto que se están recoñecendo a entidades tanto privadas como públicas que apostaron por formulas de colaboración para implantar nos seus territorios sistemas de calidade, promocionar a Marca Q e aumentar o numero de certificacións.

A segunda comunidade no ranking
Galicia conta con 290 certificacións, o que a sitúa no segundo posto do ranking, tras Andalucía que acumula un total de 330 e moi por diante da Comunidade Valenciana, que conta con 196 recoñecementos deste tipo.

O maior número de certificacións, un total de 79 (máis do 27%), outorgáronse a hoteis e apartamentos turísticos; por detrás sitúanse os restaurantes (22%), os servizos turísticos de intermediación (15,5%) e aloxamentos rurais (9,3%).

Por outra banda, son dez os portos deportivos que contan coa Q de Calidade, un total de sete balnearios, seis Oficinas de Información Turística, catro cámpings, tres empresas de turismo activo e outro tres doutros servizos vinculados ao sector e dous de transporte turístico.

20 de Xaneiro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística durante a celebración de Fitur

O Clúster Turismo de Galicia recibiu o Premio Q de Calidade Turística concedido polo Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) durante a celebración de Fitur, […]
11 de Novembro de 2017

Formación para os axentes SICTED en Vigo

Ademais do proceso de certificación e impulso da calidade nas empresas turísticas, o Sistema de Calidade Turística Española en Destinos , SCTE Destinos, impulsa formación co […]
05 de Xuño de 2017

Proturga impulsa a celebración dun Curso de Experto en Calidade Turística

En colaboración co Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE), a Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia (Proturga) organizou un curso que capacitará aos seus […]
23 de Febreiro de 2017

Ferrol retoma o proxecto para distinguir a calidade turística e Pontevedra implementa tamén plan de asesoramento para lograr máis SICTED

Co obxectivo de seguir darlle un impulso ao proxecto SICTED en Ferrol, as empresas que xa participan no devandito programa asistiron esta semana a unha sesión […]