Os galegos maioritariamente elixen para gozar dos seus días de descanso destinos nacionais, con Madrid e Sanxenxo á cabeza. Segundo o informe feito público polo buscador Trivago sobre as preferencias e hábitos de viaxe dos galegos un 76% deles elixiu un destino nacional, moitos deles destinos de praia (Tenerife, Salou, Menorca ou Mallorca) no que pasaron unha media de 5,9 noites no destino, cifra por encima da media de 5,5 noites do resto de españois. Destinos moi seguidos doutros polos de atracción turística preferentemente en Portugal, co Algarve en 3º posto. Séguenlle, por orde de preferencia, O Porto, Barcelona, Tenerife, Lisboa, A Coruña, Benidorm, Roma, Vigo e O Grove. Nestas viaxes ao estranxeiro, os galegos pasan menos noites, unha media de 5,6 noites.

En canto ao gasto, o estudo de Trivago indica que o prezo máis alto que están dispostos a pagar de media os galegos é de 113 euros por noite en destinos nacionais e de 185 euros en destinos internacionais, moi por encima dos 156 euros que gastan os españois de media, situándose así, xunto cos estremeños, como os que máis gastan en viaxes fronteiras fóra.

O informe complétase finalmente con datos relativos a Galicia como destino elixido por lportugueses, italianos, alemáns e británicos, sendo estes últimos os que máis invisten en aloxamento.

28 de Setembro de 2016

Máis tempo e destinos nacionais, preferencias dos galegos para as súas vacacións

Os galegos maioritariamente elixen para gozar dos seus días de descanso destinos nacionais, con Madrid e Sanxenxo á cabeza. Segundo o informe feito público polo buscador […]
13 de Setembro de 2016

O Clúster Turismo de Galicia celebra unha xornada técnica coas Universidades galegas de diagnóstico do sector turístico galego

No marco do desenvolvemento da folla de ruta Estratexia de Turismo de Galicia 2020 encomendada ao Clúster Turismo de Galicia para a creación da axenda turística […]
01 de Agosto de 2016

Mellora a rendibilidade e o emprego nos destinos urbanos galegos

Segundo recolle o último barómetro dos destinos turísticos españois elaborado por Exceltur Segundo recolle o barómetro de rendibilidade e emprego dos destinos turísticos españois elaborado por […]
29 de Xullo de 2016

O turismo de cruceiros representou para a economía española 1,3 millóns de euros en 2015

O noso país segue sendo o segundo mercado europeo máis importante, só por detrás de Italia e o cuarto mercado que máis se beneficia desta industria […]