ferias internacionales

Na feira hai máis de 3.500 expositores de 120 países

Un total de 35 empresas de Galicia participan dende hoxe como visitantes profesionais na feira ITB Berlin, que se desenvolve de xeito virtual, convidadas polo Clúster do Turismo de Galicia. Neste grupo de visitantes atópanse establecementos turísticos, axencias de viaxes, recintos feirais ou adegas, entre outros.
ITB Berlin desenvólvese ata o venres e conta coa participación de 3.513 expositores de 120 países. Nestes catro días, os participantes, ademais de visitar os espazos virtuais dos expositores e establecer contactos comerciais, poden asistir ás case 400 sesións, presentacións e conferencias nas que participan un total de 590 relatores. As conferencias que acompañan a esta edición da feira de Berlín teñen un significado especial este ano, xa que se centran en analizar os novos escenarios turísticos na era posterior á Covid.

09 de Marzo de 2021

35 empresas de Galicia participan en ITB Berlin da man do Clúster de Turismo de Galicia

Na feira hai máis de 3.500 expositores de 120 países Un total de 35 empresas de Galicia participan dende hoxe como visitantes profesionais na feira ITB […]
18 de Febreiro de 2021

O Clúster de Turismo de Galicia abre o prazo para rexistrarse como visitante profesional no ITB Berlín virtual

As solicitudes deberán chegar antes do 26 de febreiro e o Clúster asumirá os custos de rexistro das primeiras 20 persoas que o soliciten   O […]
19 de Outubro de 2020

O Clúster de Turismo de Galicia invita a 30 asociados a visitar o WTM London, que este ano será virtual

Os “trade visitors” teñen acceso á feira virtual e poden asistir a máis de 50 conferencias en directo, entre outras vantaxes. As persoas que queiran participar […]
11 de Decembro de 2019

A asociación de Clubs Náuticos de Galicia (ASNAUGA), presente no Salón Náutico Internacional de París

ASNAUGA representou á náutica deportiva Galega no Salón Náutico Internacional de Paris, que se celebrou na capital francesa o 7 ao 11 de decembro, onde representantes […]