As instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca, en Silleda, volverán acoller unha nova edición de Turexpo, que se celebrará entre o 7 e o 10 de xuño, unha feira sectorial na que o Clúster Turismo de Galicia estará presente cunha caseta propia.
Ademais, durante os dous primeiros días, dedicados en exclusiva aos profesionais, celebrarase a Bolsa Internacional de Contratación Turística, cuxa finalidade é permitir ás entidades participantes contactar cun importante número de operadores de turismo nacionais e internacionais a través de reunións agendadas. Para esta Bolsa o Clúster de Turismo de Galicia dispón de 12 invitacións para os seus asociados, que se asignarán por rigorosa orde de solicitude. A bolsa de contratación terá lugar o xoves 7, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas, e o venres 8, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Aqueles profesionais interesados deberán contactar con secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, antes das 13:00 horas do venres 18 de maio, e remitir cuberta unha ficha de información solicitada.