España Verde

A Xunta mantén nunha videoconferencia con representantes de Asturias, Cantabria, Euskadi e Turespaña para articular medidas conxuntas de reactivación no turismo

A Xunta de Galicia, xunto cos gobernos autonómicos das comunidades da España Verde, acordou reorientar as accións desta marca turística do norte peninsular ao mercado nacional tras a crise do COVID-19. Así se decidiu nunha videoconferencia entre as directoras e viceconselleiras de Turismo de Asturias, Cantabria, Euskadi e Galicia, representada a través de Nava Castro.

O encontro permitiu analizar conxuntamente o impacto da actual crise sanitaria nos seus respectivos territorios e articular posibles vías de colaboración conxunta baixo esta marca turística. Na reunión abordáronse as diferentes medidas adoptadas polo catro comunidades autónomas en colaboración co sector e púxose de manifesto a oportunidade que ofrece a España Verde á franxa do norte peninsular para traballar xuntos e axudar a impulsar ao sector no escenario de saída do confinamento.

Neste sentido, acordouse por unanimidade suspender a promoción internacional até o fin das restricións derivadas desta situación e centrar todos os esforzos en situar a marca no mercado nacional, para o que se apoiará en diversas accións online a través de vídeos promocionais e dun novo himno do compositor Antonio Garamendi.

Sumar á marca España
O grupo de traballo abordou a importancia de facer un esforzo conxunto na seguridade sanitaria e anunciouse a elaboración de material de comunicación e promoción conxunta nos próximos días. Durante este ano 2020, Galicia é a comunidade da España Verde que se encarga da coordinación de todas as actividades desta marca turística do norte peninsular.

22 de Abril de 2020

Galicia acorda coas comunidades da España Verde reorientar esta marca ao mercado nacional tras a crise do coronavirus

A Xunta mantén nunha videoconferencia con representantes de Asturias, Cantabria, Euskadi e Turespaña para articular medidas conxuntas de reactivación no turismo A Xunta de Galicia, xunto […]
22 de Xaneiro de 2020

Galicia asume a coordinación da España verde co obxectivo de potenciar o camiño como eixo vertebrador do norte peninsular

A marca turística integrada por Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco traballan para fixar liñas de traballo conxuntas e prioridades entre as que se sitúa a […]
21 de Outubro de 2019

Galicia Destino Activo aposta polo País Vasco para a presentación dos seus produtos

O Clúster de Turismo de Galicia organiza o próximo 29 de outubro en Bilbao un workshop para mostrar a axencias de viaxe vascas o produto de […]
12 de Xuño de 2019

Asociacións turísticas de Asturias, Cantabria, País Vasco e Galicia conforman unha alianza para gañar peso na comercialización turística

Baixo o nome “A Forza do Norte”, diferentes entidades asociativas do norte peninsular han decidido aliarse para gañar forza e presenza ante as institucións e comercializar […]