O Clúster Turismo de Galicia (CTG) e a Federación de Empresarios do Barbanza (FEB) asinaron un convenio marco de colaboración que permita a ambas as entidades prestarse asistencia mutua en accións de interese común, especialmente no sector turístico. Así o asinaron o presidente do CTG, Francisco González, e o do FEB, José Ramón Romeu, que manifestaron o seu interese en establecer unha vía de colaboración directa que permita levar a cabo acciones de difusión de xornadas, actividades e accións de interlocución cos seus respectivos asociados en aspectos de interese común.
O convenio, sen dotación económica e de duración indefinida, permitirá estreitar a colaboración con esta entidade. De feito ambas as entidades xa colaboraron este ano para a posta en marcha de accións formativas para a mellora da profesionalización dos empresarios do Barbanza a través das xornadas e seminarios formativos ofrecidos pola Escola de Negocios Afundación.