Clúster Turismo de Galicia

As 12 mesas de traballo xestionadas na caseta galega foron punto de encontro para quen se achegaba a solicitar información sobre Destino Galicia

O Salón Internacional de Turismo de Madrid, FITUR 2017, pechou as súas portas o domingo con marca de visitantes, máis de 245.000, e tamén con moi boas sensacións no espazo de traballo que, por terceiro ano consecutivo, xestionou o Clúster de Turismo de Galicia na caseta de Galicia. Ao redor de 250 profesionais do sector turístico interesáronse polo destino Galicia e desenvolvéronse máis de 300 encontros profesionais xestionados directamente aos que habería que engadir as axendas de cada un dos turoperadores que participaron neste espazo orientado a profesionais, que tiveron á súa disposición un total de 12 mesas de traballo.

Durante os días dedicados ao sector profesional, do 18 ao 20 de xaneiro, o espazo de Galicia en Fitur acolleu unha intensa actividade de networking que permitiu pechar encontros entre hostaleiros, consultoras, responsables de novas tecnoloxías, portais de xestión de reservas en liña, axencias de viaxes e empresas de receptivo que se interesaron pola oferta turística galega. Este ano levouse a cabo, ademais, contacto con outros Cluster de Turismo como o Cluster de Turismo Rural Asturias, Clúster do Turismo de Monterrei (México) ou o Clúster de Turismo de Romanía, interesados en coñecer o proceso de posta en marcha do Clúster galego.

O exemplo de Clúster galego
Unha gran cantidade de solicitudes de contacto para manter reunións no espazo de networking foron hoteis que mantiveron encontros con axencias e axencias de viaxe en liña como Logitravel, Destinia, Edreams, consultoras e cadeas hostaleiras. Fundamentalmente buscaban información e apoio para implementar novas tecnoloxías ou mellorar a xestión hostaleira, reservas, etc.

O Camiño de Santiago volveu ser un recurso con moito tirón, aínda que nesta edición houbo maior número de contactos relacionados con implementación de servizos para os peregrinos e establecementos interesados en captar fluxo de peregrinos fronte á edición pasada onde era maior o número de axencias interesadas no Camiño. O maior peso en canto á procedencia dos contactos foi española aínda que tamén houbo contactos con empresas procedentes de Italia, Portugal, Suíza, Alemaña, México, Venezuela, Marrocos, China, Inglaterra e Estados Unidos.

Resposta efectiva para os profesionais
Os encontros sucedéronse nas mesas habilitadas para tal fin na caseta de Galicia, en franxas de 30 minutos e co apoio de persoal de asistencia técnica do Clúster do Turismo, que orientou e asesorou sobre as necesidades de cada un dos profesionais que se achegaron a interesarse pola oferta turística galega, derivando a cada solicitante a quen lle puidese ofrecer resposta á súa solicitude.

Desde o Clúster o seu presidente, Francisco González, valorou moi positivamente tanto o incremento de reunións de traballo como a aposta de Turismo de Galicia por este punto de networking para profesionais, que “demostrou dar unha resposta efectiva para o sector turístico galego, que conta cun espazo idóneo para completar o seu traballo en Fitur”.

23 de Xaneiro de 2017

O espazo de traballo do Clúster Turismo de Galicia en Fitur xestionou máis de 300 encontros profesionais

As 12 mesas de traballo xestionadas na caseta galega foron punto de encontro para quen se achegaba a solicitar información sobre Destino Galicia O Salón Internacional […]
23 de Xaneiro de 2017

Feijóo avanza as directrices para o Plan Estratéxico do Turismo 2017-2020

O presidente da Xunta fixo a súa intervención no Día de Galicia en Fitur Tras facer balance dun ano cheo de marcas na chegada de turistas […]
16 de Xaneiro de 2017

O Clúster de Turismo de Galicia presenta en Fitur dous dos seus proxectos conxuntos de mellora da oferta turística galega

A caseta de Galicia no Salón Internacional de Turismo, Fitur, que se desarolla do 18 ao 22 de maio en Madrid, acollerá a presentación de dúas […]
23 de Decembro de 2016

Galicia pecha 2016 como a primeira comunidade en número de hoteis, apartamentos turísticos e establecementos de turismo rural con Q de Calidade

Un ano máis Galicia pecha exercicio incrementando o número de establecementos e servizos turísticos certificados con Q de Calidade. Cun total de 281 Q de Calidade, […]