Clúster Turismo de Galicia

A relación de proxectos foi aprobada pola asemblea anual de asociados do CTG na que tamén se deu conta do orzamento 2017 e ratificouse a adhesión de catro novos membros

A Cidade da Cultura acolleu o 6 de xuño a celebración da Asemblea Anual do Clúster Turismo de Galicia, o encontro anual que esta entidade celebra cos seus asociados e que serviu para facer balance, moi positivo, das actuacións do ente en 2016, aprobar orzamento e calendario de actuacións para este ano así como ratificar a adhesión de novos socios. Así, o Clúster Turismo de Galicia, que xa aglutina ao 95% do sector turístico galego segue sumando adhesións, nesta ocasión da Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos (EMGROBES), Ruta do Viño de Valdeorras, Hotel Augusta Spa Resort e Gran Hotel Nagari.

Na orde do día tamén estaba o balance de actuacións do 2016 e a aprobación do orzamento e das actuacións previstas para este ano. Neste capítulo, a asemblea xeral aprobou o orzamento presentado por un importe de 895.000 euros, procedentes no seu maior parte da xestión dos convenios asinados, ao tempo en que se facía fincapé na necesidade de que, de forma progresiva, o CTG comece a xerar os seus propios ingresos a través da prestación de servizos ou a través da intermediación de servizos de valor engadido que permitan cobros vinculados á xeración de negocios ou de servizos ás empresas turísticas.

O encontro tamén serviu para dar conta dos proxectos aprobados no marco do concurso de ideas para os asociados que serán executados ao longo do 2017 por parte do Clúster do Turismo de Galicia a través de fondos adscritos a FEDER. En total, levarán a cabo 8 proxectos por un importe de 206.529? que deberán estar executados antes do 1 de novembro deste ano.

Entre os proxectos aprobados atópanse algúns que comezaron o seu desenvolvemento o ano pasado, como o de impulso da oferta complementaria do Turismo Rural, o da Guía MICE Galicia ou o impulso da marca Enoturismo Galicia. Outros, con todo, son proxectos de nova creación, como o de Galicia Friendly, para impulsar a formación en idiomas do sector turístico galego ou o da aposta pola calidade turística.

Balance de 2016
O presidente do CTG, Francisco González aproveitou a convocatoria para facer un repaso polas actuacións do Clúster durante o pasado ano, facendo fincapé no papel do Clúster na redacción do plan estratéxico de Turismo de Galicia 2020 ou na consolidación da presenza do Clúster nas principais feiras nacionais e internacionais do sector, ademais de destacar a estreita colaboración que conseguiu manter ao longo deste tempo coa Xunta. Durante este tempo, o Clúster do Turismo conseguiu, ademais, xestionar diferentes convenios que permitiron o impulso da Q de Calidade e a marca Galicia Calidade así como accións de promoción e comercialización do Destino Galicia. “Foron centenares de reunións, participación en xornadas, apoio de proxectos e participación en workshops, feiras e eventos de todo tipo, miles de horas e quilómetros para seguir apostando por esta entidade, pola súa consolidación e o seu futuro”, explicou o presidente do CTG.

06 de Xuño de 2017

O Clúster de Turismo de Galicia impulsará este ano oito proxectos de comercialización de destino

A relación de proxectos foi aprobada pola asemblea anual de asociados do CTG na que tamén se deu conta do orzamento 2017 e ratificouse a adhesión […]
22 de Maio de 2017

O Clúster Turismo de Galicia estará presente no VII Salón do Turismo de Galicia, Turexpo

O Clúster de Turismo de Galicia estará presente nesta 7ª edición de Turexpo Galicia, que terá lugar nas instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), […]
20 de Maio de 2017

Tres retos e 11 liñas estratéxicas definen a Estratexia2020

A situación do sector galego encádrano nun momento crucial de consolidación pero aínda con marxe de crecemento no que a aposta pola calidade, rendibilidade e innovación, […]
20 de Maio de 2017

Onde queremos situar o Destino Galicia en 2020?

A Estratexia do Turismo de Galicia 2020 define a sustentabilidade, innovación e competitividade como obxectivos prioritarios, que se alcanzarán a través de: – Un destino turístico […]