Clúster Turismo de Galicia

No marco da xornada formativa sobre financiamento turístico celebrada na Cidade da Cultura, as entidades organizadoras, CTG e Sabadell asinaron unha ampliación de convenio de colaboración que lle permitirá os asociados contar cunha liña de financiamento de 200 millóns de euros. Esta nova liña de financiamento articúlase en base á firma dunha ampliación do acordo de colaboración, subscrito o ano pasado entre ambas as entidades e en virtude do cal o Sabadell puña a disposición dos asociados do CTG o conxunto de produtos e servizos financeiros de Banco de Sabadell.

Mediante a firma desta ampliación e co objtivo de facilitar o acceso ás novas tecnoloxías, ao financiamento do circulante en calquera das súas modalidades, así como o financiamento a medio-longo prazo de novos investimentos en activos fixos mediante préstamos e leasing, o Banco pon a disposición dos asociados unha liña de financiamento dotado con 200 millóns de euros e que estarán enfocadas ao financiamento de produtos préstamos, Leasing, Renting, Rehabilitación, Sustentabilidade Enerxética, Cambio de imaxe corporativa, Upgrade de categoría, transformación Dixital, desenvolvemento I+D+I, etc., así como para colaborar en xornadas de formación para o desenvolvemento do sector.

21 de Maio de 2019

Banco Sabadell pon a disposición dos asociados do Clúster Turismo de Galicia unha liña de financiamento para investimentos no sector por importe de 200 millóns de euros

No marco da xornada formativa sobre financiamento turístico celebrada na Cidade da Cultura, as entidades organizadoras, CTG e Sabadell asinaron unha ampliación de convenio de colaboración […]
15 de Maio de 2019

Clúster Turismo de Galicia e Clúster TIC cooperarán para a mellora da competitividade do sector turístico

Ambas as entidades asinaron un acordo marco de colaboración para impulsar proxectos de interese común para ambos os sectores Co obxectivo de continuar avanzando na xeración […]
10 de Maio de 2019

O Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente en Turexpo

Unha edición máis volverá celebrarse a Bolsa Internacional de Contratación Turística para a que é necesario inscribirse A 9ª edición de Turexpo Galicia, que terá lugar […]
09 de Maio de 2019

Santiago acollerá un foro de debate sobre financiamento para empresas turísticas

Promovido polo Clúster Turismo de Galicia conxuntamente co Banco Sabadell, a xornada está orientada a resolver dúbidas, informar sobre financiamento e ofrecer asesoramento sobre casuísticas propias do […]