Campañas

A Cidade da Cultura acolleu unha xornada de encontro na que participaron algo máis dunha vintena de empresarios e representantes de asociacións de turismo rural para profundar no catálogo de produtos turísticos que se elaborou durante o verán e promover estratexias de futuro

No marco de elaboración do Catálogo de produtos de Turismo Rural 2018 que o Clúster Turismo de Galicia está a promover a proposta da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur) e da Asociación Galega de Turismo Rural (Agatur), Compostela acolleu un encontro do sector do turismo rural galego ao obxecto de facer unha análise da situación actual deste segmento e trazar estratexias conxuntas de acción para os próximos meses. A xornada serviu para coñecer a situación do proxecto de creación deste catálogo de produtos turísticos vinculados a este segmento, resolver dúbidas e acordar unha estratexia de acción do sector de turismo rural para o próximo outono 2018, na que se promocionen os establecementos de turismo rural de Galicia durante os meses de outubro e novembro con diversas iniciativas tanto de modo conxunto do sector como sector como a nivel individual.

A xornada contou coa participación do xefe de área de Produtos de Turismo de Galicia, Santiago Bacariza, que fixo fincapé na necesidade de fomentar sinerxías e colaboracións entre empresas para beneficiarse de iniciativas como a do catálogo pero tamén das axudas que se xestionan a través de Turismo de Galicia, centradas na creación de produto. Bacariza chamou a atención, ademais, do gran impulso que vai supor a celebración do Xacbeo 2021 e o turismo rural debe aproveitar este fluxo de visitantes que vai chegar nos próximos anos a Galicia. “É fundamental profundar nunha maior vertebración asociativa do sector do turismo rural galego e a creación de produto turístico que apenas existe actualmente”, indicou.

Precisamente a internacionalización así como a desestacionalización, a diferenciación do produto e a necesidade de maior promoción foron algúns dos aspectos que se abordaron durante a xornada, a modo de breve diagnóstico da situación actual do sector.

Culminación de traballos e posta en marcha da campaña
Esta xornada supón o punto e final da primeira fase de dinamización do turismo rural galego neste exercicio. Durante os meses de xullo e agosto asociacións como Mar de Compostela, Campo e Mar, Ribeira Sacra Rural e Agatur mantiveron unha serie de encontros e xornadas de traballo que culminaron na creación dun catálogo de produtos turísticos, no que se han ir engadindo as achegas realizadas por diversos establecementos de turismo rural e que xa pode consultarse en liña, a falta de concluírse definitivamente durante a primeira quincena do mes de setembro.

Finalmente tamén se acordou levar a cabo unha acción de promoción centrada no fin de semana do 29 e 30 de setembro, a modo de experiencia piloto para ver a resposta do público final e que concluirá a finais de novembro. Calquera establecemento de turismo rural ou asociación de turismo rural interesada pode dirixirse a estudos.fegatur@gmail.com.

31 de Agosto de 2018

O turismo rural galego reúnese para debater situación e estratexias de promoción conxunta para este outono

A Cidade da Cultura acolleu unha xornada de encontro na que participaron algo máis dunha vintena de empresarios e representantes de asociacións de turismo rural para […]
14 de Agosto de 2018

A comunidade Presume de Galicia reactívase para buscar o novo superpresumidor do ano

Entre agosto e novembro Presume de Galicia volverá premiar aos mellores presumidores do mes e a un superpresumidor do ano entre aqueles que obteña máis votos […]
08 de Agosto de 2018

A Deputación a Coruña promociona o seu seis geodestinos turísticos a través dunha campaña en liña

“Coruña Like” é o título da nova campaña promocional audiovisual coa que a área de Turismo da Deputación da Coruña quere animar a visitar o seu […]
24 de Agosto de 2017

Presume de Galicia conclúe a súa ruta en Baiona cun balance moi positivo

A iniciativa permitiu incrementar a visibilidade da comunidade de Presume de Galicia e o número de presumidores e fotografías compartidas Ruta Presume de Galicia percorreu un […]