O campo do Saler, en Valencia, acolleu a primeira etapa de Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia que se celebra desde abril até setembro en diferentes puntos de España. Un cento de xogadores senior desta disciplina deportiva déronse cita para gozar da práctica do golf e da gastronomía galega, que sempre acompaña a celebración deste evento.
José García Martínez alzouse co triunfo en categoría Scratch con 25 puntos e segundo posto nesta categoría foi para Isabel Castelo do Carpio con 24 puntos. A gañadora hándicap foi Mª Jesús con 41 puntos stableford, seguido por Máximo Martín Pastor que logro un resultado de 38 puntos. En categoría de damas, a mellor foi Rosa Mª Roig Escutia con 40 puntos e o gañador da categoría mastersenior (xogador de máis de 70 anos) foi Francisco Ansurias Climent con 37 puntos. En canto aos premios especiais, o mellor drive, premio Martin Códax, gañouno Lisán Peiró Camaró en categoría feminina e Sergio Segura Laborada no de homes. A bóla máis próxima no foxo 9, premio Aceites Abril foi para José García Martínez (1,59 m) e no foxo 12, premio Viña Farnadas adxudicoullo Isabel Castelo do Carpio (1,64 m). O premio forrabolas xentileza do Hotel Rua Villar e Real Aeroclub de Santiago foi para o penúltimo clasificado hándicap, Ronny Constantino e os premios melón,en Scratch foi para Carmelo Andújar, en hándicap gañouno Mario Sanfelix, damas para Natividade Sánchez e o mastersenior conseguiuno José Luís Martín.
A próxima proba celebrarase o 14 de maio en Ulzama mentres que a final disputará os días 24 e 25 de setembro no campo do hotel Balneario Oca Augas Santas en plena Ribeira Sacra.