A Deputación de Lugo, a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo ( APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de produtores, das Indicacións Xeográficas Protexidas e das Denominacións de Orixe Lucenses acordaron a creación de xornadas gastronómicas anuais para poñer en valor a gastronomía lucense. A previsión é que se organicen para o próximo mes de abril e que teñan carácter anual, co obxectivo de dinamizar a actividade do sector servizos, mediante a degustación en restaurantes de toda a provincia de produtos acreditados con selo de calidade.

Todas as entidades participantes coincidiron en destacar o papel fundamental que xoga a gastronomía e no caso concreto de Lugo, os produtos típicos da provincia, que son un valor en alza e que están intrinsecamente unidos á economía en toda a provincia. Trátase, en definitiva, dun paso máis por parte da Deputación de Lugo de usar o elemento gastronómico e os produtos autóctonos de calidade como atractivos turísticos para promocionar a provincia. “A gastronomía é clave para o desenvolvemento. Nun territorio onde cultura, tradición e diversidade van da man, a gastronomía constitúe un importante factor de promoción económica, social, turística e cultural”, destacaron desde a Deputación. Entre os obxectivos destas xornadas gastronómicas tamén se atopa a desestacionalización de produtos, como un incentivo máis que contribúa a xerar riqueza na provincia. O fin é dar continuidade á promoción de produtos fóra das épocas propias de produción.

27 de Febreiro de 2019

Novas xornadas para reivindicar a gastronomía lucense

 A Deputación de Lugo, a Asociación Provincial de Hostaleiros de Lugo ( APEHL), representantes de empresas gastronómicas, das asociacións de produtores, das Indicacións Xeográficas Protexidas e […]
24 de Xaneiro de 2019

Presentado en Fitur un novo volume da guía turístico-gastronómica … e para comer, Lugo

Baixo o título Lugo, ¿te gusta?, a Apehl volveu a Fitur para presentar a nova guía da colección …E Para Comer, Lugo, unha das iniciativas clave […]
29 de Marzo de 2018

O Rei recibe á FEHR no seu 40 aniversario

O presidente da Apehl recibiu a Insignia de Ouro da Federación en recoñecemento á súa contribución no fomento da actividade hostaleira O presidente da Asociación Provincial […]
20 de Marzo de 2018

A APEHL reune hostaleiros de toda a provincia na súa festa anual

Os profesionais da hostalaría lucense celebraron este ano a súa gala anual en Viveiro, no hotel Val do Naseiro nunha gala na que se fixo entrega […]