Presentado en Fitur un novo volume da guía turístico-gastronómica … e para comer, Lugo

Baixo o título Lugo, ¿te gusta?, a Apehl volveu a Fitur para presentar a nova guía da colección …E Para Comer, Lugo, unha das iniciativas clave da Asociación para a promoción da provincia no seu conxunto como destino turístico e gastronómico. Este ano ten como obxectivo principal presentar ao usuario unha serie de propostas para coñecer a provincia nunha escapada. A idea responde a que en cada viaxe propoñémoslle ao visitante tres destinos da xeografía lucense. Dividida a provincia en tres grandes partes, norte, centro e sur, cada proposta recorre tres localidades, unha de cada unha destas áreas. Todo combinado coas recomendacións dos produtos da nosa terra e os eventos da cultura popular e gastronómica dos nosos municipios.

A novidade deste ano responde á aterraxe da marca …E para comer, Lugo en Instagram como unha nova vía de comunicación para a promoción da provincia de Lugo. Cunha tiraxe de 15.000 exemplares, a publicación distribúese en oficinas de turismo, albergues, feiras sectoriais, hoteis e outros establecementos hostaleiros asociados á Apehl, así como en todas as etapas da Vuelta Ciclista a España, ademais de contar coa edición dixital na web www.eparacomerlugo.es.

A guía online, nesta ligazón:
https://issuu.com/home/published/guia_aphel_2019_lr_senmarcas