As empresas galegas de turismo activo poden certificar a seguridade das súas actividades cun selo de certificación creado por AGETAN. O selo garante que as empresas cumpran todas as medidas e protocolos anti-Covid.
Ao desenvolverse no exterior e en contacto coa natureza, o turismo activo en Galicia constitúe, en si mesmo, unha actividade segura. Con este selo reforzarase este carácter para xerar unha maior seguridade nos participantes.
As empresas poden solicitar unirse ao programa nesta ligazón.