Expertos en xestión de crise e turismo dixital participarán na xornada “Turismo: reinventar o presente” organizada polo Clúster de Turismo de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
As sesións, que se inaugurarán a partir das 10 da mañá do xoves no Pazo Provincial de Pontevedra, serán semipresenciais debido á situación de pandemia, polo que poderán seguirse en streaming.
O encontro dividirase en tres sesións, cada unha coa súa propia emisión, que versará sobre “Talento dixital para o novo turismo”, “Turismo en tempos de Covid-19” e “Destinos intelixentes e comunicación empresarial”.
AQUÍ pódese consultar o programa completo e as ligazóns ás emisións.