Os pazos de congresos de Santiago, A Coruña e Vigo contarán con platós virtuais, como alternativa aos eventos presenciais

Reactivar o turismo de reunións, incentivos, convencións e exposicións (MICE) é o obxectivo do acordo asinado hoxe en Vigo entre a Vicepresidencia Primeira da Xunta e a Consellería de Turismo e a Asociación de Organizadores Profesionais de Congresos (OPC).
A Xunta habilitará un orzamento de 123.400 euros para iniciativas como dotar aos centros de congresos de Vigo (Mar de Vigo), A Coruña (Palexco) e Santiago de conxuntos virtuais que se poidan empregar como alternativa aos eventos presenciais. Tamén se establecerá un fondo económico para a contratación de espazos e locais para que non haxa que cancelar ningunha convocatoria.
A Xunta apoiou este ano o turismo MICE con 650.000 euros como continuación dun esquema de colaboración que xa se desenvolveu nos últimos anos. Nesta ocasión, debido á situación do sector, a achega pública aumentou un 20 por cento.

20 de Abril de 2021

A Xunta e os organizadores profesionais de congresos asinan un acordo para a reactivación do turismo MICE

Os pazos de congresos de Santiago, A Coruña e Vigo contarán con platós virtuais, como alternativa aos eventos presenciais Reactivar o turismo de reunións, incentivos, convencións […]
22 de Xaneiro de 2021

O Clúster reunirá ás Administracións arredor dunha mesa para propoñer medidas que permitan que o turismo e a hostalería sigan vivos ata que chegue a recuperación

Convocou a Xunta, ás catro deputacións e a FEGAMP para o luns en Santiago Despois das sucesivas manifestacións separadas sobre a vontade de emprender medidas coordinadas […]
04 de Xaneiro de 2021

O turismo afronta o 2021 coa esperanza de recuperarse na segunda metade e coa vista posta nas vacinas

O Clúster insiste na necesidade de axudas públicas para que as empresas poidan manterse durante os próximos meses As boas novas sobre a prórroga ata o […]
18 de Decembro de 2020

Os retos do turismo: sobrevivir á pandemia, avanzar na profesionalización e afrontar a transformación dixital

Pechou a xornada “Turismo: reinventar o presente”, organizada polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Deputación de Pontevedra Os tres principais retos aos que […]