• Os negocios de aloxamento e restauración situados na costa poderán presentar as súas solicitudes ata o 12 de decembro

 

O Diario Oficial de Galicia publicou a semana pasada a ampliación do prazo para que os establecementos turísticos situados en municipios do litoral poidan acollerse á convocatoria de axudas destinada á mellora estética e funcional de inmobles situados en primeira liña de costa. Esta liña, dotada con 5 millóns de euros, forma parte do Plan do Litoral e ten como obxectivo reforzar a calidade paisaxística e competitiva do turismo costeiro galego.

 

Coa nova resolución, hoteis, cámpings, casas de turismo rural, apartamentos, albergues e negocios de restauración dispoñerán ata as 20:00 horas do 12 de decembro para presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica da Xunta.

 

Turismo de Galicia organizou este luns, 17 de novembro, unha xornada técnica explicativa para explicar tódolos detalles da convocatoria ao sector. O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, inaugurou a xornada animando aos propietarios de establecementos de aloxamento e restauración a solicitar unhas axudas que buscan concienciar a necesidade de conservación e que promoven a sostibilidade dos destinos potenciando o territorio litoral. Á cita asistiron máis de 30 titulares de establecementos, ademais do vicepresidente do Clúster, Jesús Picallo Santos.

 

  • Tres eixos de actuación: eficiencia, dixitalización e renovación estética

 

A convocatoria contempla tres tipos de proxectos subvencionables:

 

  1. Mellora da eficiencia enerxética, con actuacións como a renovación de sistemas de iluminación interior e exterior, buscando reducir consumos e mellorar o comportamento ambiental dos establecementos.

 

  1. Dixitalización de recursos turísticos, que inclúe gastos vinculados a ferramentas de información dixital, solucións tecnolóxicas aplicadas á experiencia do visitante ou a incorporación de códigos QR e outros soportes interactivos.

 

  1. Rehabilitación e embelecemento de fachadas, permitindo financiar intervencións de revestimento, pintura, renovación de carpinterías, actualización de cubertas ou a mellora do cerramento das parcelas cando supoñan un impacto paisaxístico relevante.

 

Estas axudas pretenden impulsar a modernización do litoral galego e favorecer unha imaxe máis cohesionada e atractiva do destino, reforzando o posicionamento de Galicia como referencia en sostibilidade, coidado da paisaxe e calidade turística.

18 de Novembro de 2025

Ampliado o prazo para solicitar as axudas destinadas a mellorar a imaxe dos establecementos turísticos do litoral galego

Os negocios de aloxamento e restauración situados na costa poderán presentar as súas solicitudes ata o 12 de decembro   O Diario Oficial de Galicia publicou […]
11 de Novembro de 2025

Abertas as inscricións para a xornada e o programa formativo “Turismo Intelixente: ferramentas IA para a transformación do sector”

O Clúster Turismo de Galicia impulsa xunto á Deputación de Pontevedra e Turismo de Galicia unha formación pioneira para achegar a intelixencia artificial ao tecido turístico […]
22 de Outubro de 2025

Turismo de Galicia activa axudas para compensar as perdas por cancelacións en establecementos afectados polos incendios

A convocatoria, de concorrencia non competitiva, cubrirá as perdas de facturación entre o 28 de xullo e o 31 de agosto de 2025.   A Axencia […]
29 de Setembro de 2025

Turismo de Galicia continúa coa súa convocatoria de solicitudes para renovar e/ou manter as certificacións Q de Calidade e S de Sostibilidade

O prazo de solicitude está aberto ata o 13 de outubro ás 23:59   A Axencia de Turismo de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria […]