• As axudas cobren o 100% do aloxamento na residencia do CSHG durante a formación.
  • Os requisitos para poder matricularse son ter experiencia de 6 meses nun negocio hostaleiro e superar unha entrevista persoal a distancia ou presencial.

O Centro Superior de Hostalería de Galicia, referente na formación en Dirección Hostaleira, Cociña e Gastronomía e Galicia e a nivel internacional, dispón de catro axudas que cobren o 100% do aloxamento na residencia do CSHG para aquelas persoas que queiran estudar a nova titulación de 1 ano de duración: Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería. Cabe destacar que, adicionalmente, existen bolsas por renda e por nota que cobren ata o 80% do importe da matrícula.

 

Este Curso superior conta con 24 prazas, 11 bolsas propias, 1.000 horas de formación co 80% de clases prácticas, 3 meses de prácticas en restaurantes de primeiro nivel, 17 masterclass de Estrelas Michelin e referentes en tendencias gastronómicas e 7 visitas a empresas e actividades co sector produtor. O Curso proporciona a formación necesaria para converterse nun cociñeiro profesional coas habilidades e coñecementos imprescindibles no mundo dos restaurantes e da gastronomía. Ademais, a formación finaliza cun proxecto fin de titulación organizado en grupos pequenos que, formando equipo, xestionarán durante unha semana o restaurante á carta.

 

Os requisitos para poder matricularse son ter experiencia polo menos de 6 meses nun negocio hostaleiro e superar unha entrevista persoal a distancia ou presencial. A matrícula permanece aberta ata o mes de setembro. No caso de estar interesado en beneficiarse nestas axudas, podes enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, manifestando o teu interese e indicando os teus datos persoais (nome completo, teléfono e mail de contacto). As solicitudes serán atendidas por rigorosa orde de chegada. No caso de recibir máis solicitudes que prazas dispoñibles, estas poñeranse en reserva, debido a que é o CSHG o que realiza a selección dos candidatos.

 

Para máis información, podes consultar na seguinte ligazón o folleto informativo. Para calquera pregunta ou para matricularte podes contactar por correo a info@cshg.es ou por teléfono no + 981 542 593 / + 34 981 242 559 ou por WhatsApp no +34 689 191 007.

25 de Xuño de 2024

O CSHG pon á disposición do Clúster catro bolsas para formarse no Curso Superior de Chef en Cociña e Pastelería

As axudas cobren o 100% do aloxamento na residencia do CSHG durante a formación. Os requisitos para poder matricularse son ter experiencia de 6 meses nun […]
18 de Xuño de 2024

Segittur convoca axudas para a implementación de plataformas tecnolóxicas en Destinos Turísticos Intelixentes

O obxectivo é desenvolver unha Plataforma Intelixente de Destino (PID) que facilite a interoperabilidade entre os servizos públicos e privados destinados aos turistas. O 12 de […]
18 de Xuño de 2024

Aberta a convocatoria para solicitar as axudas de eficiencia enerxética para as empresas turísticas galegas

Os establecementos de aloxamento e restauración poden presentar as súas solicitudes ata o 14 de novembro de 2024. O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado […]
11 de Xuño de 2024

TurEspaña organiza tres xornadas formativas para reforzar a oferta turística nos mercados indio, belga e chinés

As xornadas desenvolveranse o 19 de xuño (India), o 26 de xuño (Bélxica) e 9 de xullo (China). TurEspaña organiza nas vindeiras semanas tres xornadas formativas […]