A obra, que será presentada o venres 18 en Cabana de Bergantiños, recompila as fotografías deste sorprendente fenómeno mariño tomadas por Ana Garcia.

 

As augas que bañan a Costa da Morte albergan un tesouro natural tan asombroso como esquivo, pero que agora o Clúster Turismo de Galicia pon ao alcance do público a través dun espectacular libro. “Mar de ardora” é o título da obra e o nome co que é coñecido o fenómeno bioluminiscente que propicia que o mar resplandeza, durante algunhas noites de verán, cunha brillante cor azul pola acumulación do microorganismo Noctiluca scintillans.

 

O mar de ardora foi descrito xa por Julio Verne na súa obra “20.000 leguas de viaxe submarina” e foi rexistrado en puntos tan distantes do planeta como Indonesia ou o mar de Somalia. Agora, grazas ao traballo e á dedicación da fotoperiodista Ana María García Suárez, cobra vida no libro editado polo Clúster que será presentado o vindeiro venres e que recolle a sorprendente colección de imaxes que tomou en distintos puntos da Costa da Morte. “Mar de ardora” reflicte a singularidade e espectacularidade deste fenómeno convertido xa nun atractivo turístico máis dese emblemático territorio.

 

Así o poderán comprobar todos aqueles que se acheguen o venres 18 ata outro emblemático lugar da Costa da Morte. O centro arqueolóxico do dolmen de Dombate, o impresionante monumento  megalítico situado no municipio de Cabana de Bergantiños, acollerá ás 18.30 horas a presentación organizada polo Clúster e na que ademais do presidente da entidade, Cesáreo Pardal, e da autora das imaxes, tomarán a palabra representantes de distintas administracións e outros invitados como o catedrático de Física e divulgador científico Jorge Mira.

13 de Marzo de 2022

O Clúster recolle nun libro as espectaculares imaxes do “Mar de ardora”

A obra, que será presentada o venres 18 en Cabana de Bergantiños, recompila as fotografías deste sorprendente fenómeno mariño tomadas por Ana Garcia.   As augas […]
03 de Febreiro de 2022

A Xunta e o Clúster seguirán colaborando para aumentar a implantación do selo Q de Calidade

Asinarán un convenio trianual dotado con 630.000 euros para afianzar o crecemento de Galicia como destino turístico de excelencia.   A Xunta de Galicia e o […]
21 de Xaneiro de 2022

Un Fitur por riba das expectativas e a celebración do Xacobeo 2022 auguran un ano de recuperación do turismo

Desde o Clúster de Turismo de Galicia valórase moi positivamente o desenvolvemento de Fitur, así como o elevado número encontros que se produciu no espazo de […]
20 de Xaneiro de 2022

O Clúster de Turismo fai un balance positivo do 2021 e agradece o esforzo das administracións na mobilización de axudas

A entidade presidida por Cesáreo Pardal aposta pola sustentabilidade para atraer a un turismo de alto valor engadido.   Unha edición máis, o Clúster xestiona un […]