• Está previsto que o proceso comece esta semana coa consulta aos axentes do sector a través de mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega.

 

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo elaborarán un diagnóstico estratéxico do sector, cuxo resultado permitirá establecer o punto de partida para unha planificación turística adecuada ás necesidades do o contexto actual.

 

O diagnóstico levarase a cabo a través dun proceso participativo, que comezará esta mesma semana, e no que axentes públicos e privados do sector poderán expoñer necesidades e retos en torno á transformación da oferta turística dos destinos. Esta participación artellarase en torno a 20 mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega, que permitirán recoller información sobre a diversidade de perspectivas e desafíos que enfronta o turismo nas diferentes zonas da comunidade. Esta información complementarase coa recompilada a través dun cuestionario online dirixido ao sector para dar cabida a todos os profesionais deste ámbito que queiran participar.

 

Ademais, en colaboración coas tres universidades galegas, elaborarase unha análise científica sobre a oferta, a demanda e a cadea de valor do sector turístico en Galicia, analizando polo miúdo os recursos que constitúen parte da súa oferta diferencial. Esta análise abordará tamén a evolución cualitativa e cuantitativa do sector no período 2016-2023.

 

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo buscan con este estudo coñecer a foto actual do sector nun momento marcado polos cambios nos hábitos dos turistas, con tendencias marcadas pola sustentabilidade e a dixitalización. Estas cuestións abordaranse no diagnóstico xunto con outros aspectos como a promoción e a formación de recursos humanos, a concentración turística, a idoneidade de figuras fiscais específicas para o turismo ou o marco regulatorio, entre outros.

 

A elaboración deste diagnóstico estratéxico enmárcase nun convenio de colaboración asinado entre ambas entidades, e no marco do compromiso de Galicia de consolidarse como un destino turístico de excelencia e sustentable. As conclusións do diagnóstico servirán de base a para a planificación estratéxica a longo prazo do turismo en Galicia, asegurando un equilibrio adecuado entre o crecemento económico e a sustentabilidade entendida no ámbito económico, ambiental e social.

24 de Outubro de 2023

Turismo de Galicia e o Clúster de Turismo realizarán un diagnóstico participativo para coñecer a situación do sector en Galicia

Está previsto que o proceso comece esta semana coa consulta aos axentes do sector a través de mesas de traballo distribuídas por toda a xeografía galega. […]
09 de Outubro de 2023

O integrante da directiva do Clúster Turismo de Galicia, Juan A. Rivadulla, vén de ser nomeado novo secretario xeral da Confederación Española de Axencias de Viaxe

Rivadulla é presidente da Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI) desde 2016.   O Consello Directivo da Confederación Española de Axencias de Viaxes (CEAV) nomeou […]
09 de Outubro de 2023

Xornalistas de viaxes de medios nacionais e estranxeiros valoran moi positivamente a iniciativa “Galicia Destino Sostible”

Preto de dez profesionais participaron a semana pasada nun press trip, organizado polo Clúster para dar a coñecer a plataforma. “Galicia Destino Sostible” busca integrar a […]
18 de Setembro de 2023

O Clúster organiza unha nova misión comercial á WTM de Londres

Unha vintena de empresas galegas poderán participar na viaxe á feira internacional de turismo, que terá lugar na capital británica do 6 ao 8 de novembro. […]