• A vindeira edición da feira turística da capital alemá celébrase do 5 ao 7 de marzo.
  • O prazo para sumarse á comitiva que organiza o Clúster estará aberto ata o 2 de febreiro.

 

Un ano máis os principais axentes do sector turístico internacional reuniranse en Alemaña o próximo mes de marzo para participar na ITB Berlín, feira líder do sector da industria turística no mundo, e plataforma de negocios para a oferta turística global.

 

O pasado ano, o Clúster Turismo de Galicia impulsou a participación dunha vintena de empresas galegas, promocionando nesta feira todo o que a nosa terra ten por ofrecer aos visitantes doutros países. Para a edición deste 2024 o Clúster Turismo de Galicia impulsa unha nova misión comercial.

 

A comitiva encabezada polo Clúster partirá de Vigo o 4 de marzo e emprenderá a viaxe de regreso o día 7. Poderán formar parte da mesma un máximo de 22 participantes e o prazo para inscribirse está aberto ata o 2 de febreiro. As persoas interesadas en sumarse a esta misión comercial deben enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com solicitando a súa inscrición, incluíndo os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI, empresa á que pertencen, datos de contacto e facturación) e achegando o xustificante de pago do ingreso de 800 euros en concepto de “Servizos de Internacionalización en ITB Berlín 2024”. A participación está aberta a representantes dos seguintes sectores e nesta orde de prioridade: comercialización e distribución; aloxamento e oferta complementaria; e outras entidades.

 

Ademais, desde Turismo de Galicia informan de que este ano a feira conta cun Speed Networking. Non obstante, para a inscrición no mesmo é necesario facer chegar a solicitude de inscrición antes do 31 de xaneiro de 2024. En caso de enviala máis tarde, non se pode asegurar a participación no mesmo.

 

Para máis información podes contactar no correo electrónico secretariatecnica@clusterturismogalicia.com ou no teléfono 881 247 436.

23 de Xaneiro de 2024

Nova misión comercial do Clúster de Turismo á ITB Berlín

A vindeira edición da feira turística da capital alemá celébrase do 5 ao 7 de marzo. O prazo para sumarse á comitiva que organiza o Clúster […]
22 de Xaneiro de 2024

Xunta e Clúster promocionarán o destino Galicia en Fitur 2024 coa presentación “Galicia es agua, Galicia es futuro”

A presentación inaugural terá o lugar o vindeiro mércores, 24 de xaneiro, a partir das 11:45 horas no Pavillón 9. Serán tres días de intensa actividade […]
20 de Decembro de 2023

O sector turístico amósase satisfeito coa certificación Q de Calidade Turística

O Clúster Turismo de Galicia, no marco dos convenios de colaboración formalizados pola Axencia de Turismo de Galicia-Xunta de Galicia, realizou un proceso de avaliación sobre […]
19 de Decembro de 2023

A Xunta e o Clúster pechan o proceso de consulta para elaborar a Estratexia Turística de Galicia 2024-2030 con 1.000 participantes

Un total de 400 axentes privados e públicos do sector participaron nas 20 mesas de traballo celebradas desde outubro e outros 600 o fixeron a través […]